Actividades para divertirse co Nadal nos barrios
Por Redacción
Durante este martes 28 a rúa Loureiro Crespo, o parque Amalia Álvarez, o Centro Sur, o Centro Leste e o Local social do Burgo converteranse en espazos para as actividades da programación destas festas por diferentes puntos da cidade do mesmo xeito que en varias parroquias.
O programa recolle os seguintes eventos nestes espazos:
• Loureiro Crespo. 12.00 horas e 17.00 horas Street Band Nadal
• Centro Histórico. 12.00 horas O Mundo do Circo
• Parque Amalia Álvarez. 16.30 Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación.
• Lérez. Local Social. 17.00 horas. Burbullas do Nadal
• Centro Sur. 17.00 horas. A luz do Nadal
• Cons - Mourente: Local social. 17.00 horas. Maxia Cómida O Rei Midas
• O Salgueiral - Bora. Local Social. 17.00 horas. O Soño de Fifo.
• O Burgo. Local Social. 17.00 horas. Vaia Frío!
• Centro Leste. Local social. 17.00 horas Un Nadal cheo de contos.
• Campañó. Local social. *Ás 19.00 horas. Alucina a cargo do mago Javier Muro
O Mago Antón continúa tamén ofrecendo no Paseo de Montero Ríos sete pases diarios abertos no seu Magomóbil a todos os públicos con entrada libre. É obrigatorio o uso de máscara.
Ademais, o Poboado Tempo de Nadal da Ferrería ofrece xa produtos de agasallo enfocados para o día de Reis. Ademais, as persoas que visiten este espazo poderán sacar imaxes para felicitar o Aninovo e deixar cartas ás súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltarsar na caixa de correos que se atopa no poboado.
Relacionadas:
-
Pontevedra mantén a programación de Nadal para este xoves
Por Redacción |
-
Os obradoiros de Nadal achéganse o mércores a Campolongo
Por Redacción |
-
O rural e os barrios acollen este luns espectáculos de Nadal e maxia
Por Redacción |
-
O Mago Antón ofrecerá 28 espectáculos nos vindeiros 4 días no paseo de Montero Ríos
Por Redacción |