Pontevedra mantén a programación de Nadal para este xoves
Por Redacción
Pontevedra despedirá 2021 con maxia, música, obradoiros e espectáculos de Nadal no centro, nos barrios e nas parroquias e dará a benvida ao 2022 co tradicional concerto de Aninovo no Pazo da Cultura.
O xoves, 30 de decembro, a Concellaría de Festas mantén a programación en exteriores e en interiores mantendo todas as medidas de seguridade sanitaria na Pasarela da rúa Doce de novembro, onde terán lugar ás 12 horas os Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación de rúa.
Percorrerán o Centro histórico dende as 19 horas a Galaxy Led Dancers.
Na Casa Verde de Salcedo ás 17 horas a maxia cómica con "O Rei Midas"; no local social de Ponte Muíños, ás 17 horas, "Globotolo"; á mesma hora no local social de Reiriz – Alba, "Alucina" a cargo do mago Javier Muro e no local de Cerponzóns "O soño de Fifo".
O día de Fin de ano, 31 de decembro, poderá verse o espectáculo "A luz do Camiño" polas rúas do centro histórico a partir do 18.30 horas.
E a cidade dará a benvida ao 2022, o 1 de xaneiro, co tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra organizada pola Concellaría de Cultura. Será ás 19.30 horas no Pazo da Cultura.
Xunto ás actividades, a Ferraría segue a acoller o Poboado Tempo de Nadal que nestes días cambiou a súa proposta de produtos de decoración por agasallo pensando no día de Reis.