Os obradoiros de Nadal achéganse o mércores a Campolongo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra continúa adiante coa programación de actividades de Nadal por todos os barrios e parroquias da cidade, ademais de manter aberto o Poboado de Tempo de Nadal na Ferraría e as actuacións de maxia no Magomóbil do Mago Antón que rematan mañá.
O mércores, 29 de decembro, a Concellaría de Festas programa espectáculos e actividades distintas por todo o concello.
Así, na Praza de Barcelos e Santa Clara entre as 12 e as 17 horas actuará a Street Band Nadal. E na Praza da Constitución ás 12 terán lugar os Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación de rúa.
O séquito do carteiro real percorrerá o Centro Histórico ás 17 horas. No Local social de Estribela ás 17 horas terá lugar o Globotolo. No local social de A Devesa – Alba, ás 17 horas, "Alucina", a cargo do mago Javier Muro. No Local social de Cerponzóns, ás 17 horas, "A luz do Nadal" e no Local social de Santa María de Xeve, ás 17 horas, "O Soño de Fifo".
O Mago Antón continúa no Paseo de Montero Ríos até este mércores 29 de novembro co seu Magomóbil ofrecendo 7 pases diarios abertos a todos os públicos e con entrada de balde até completar aforo. A máscara será de uso obrigatorio.
POBOADO TEMPO DE NADAL
Xunto ás actividades, a Concellaría de Festas mantén o Poboado Tempo de Nadal na Ferraría que nestes días cambiou a súa proposta de produtos de decoración de Nadal por agasallo pensando no día de Reis.
Os visitantes poden sacar as mellores imaxes do Nadal de Pontevedra para felicitar as festas e o Aninovo, e tamén deixar as cartas ás súas maxestades de Oriente no buzón instalado dentro do poboado.
O poboado estará aberto até o 5 de decembro en horario de mañá e de tarde.
Relacionadas:
-
Pontevedra mantén a programación de Nadal para este xoves
Por Redacción |
-
Actividades para divertirse co Nadal nos barrios
Por Redacción |
-
O rural e os barrios acollen este luns espectáculos de Nadal e maxia
Por Redacción |
-
O Mago Antón ofrecerá 28 espectáculos nos vindeiros 4 días no paseo de Montero Ríos
Por Redacción |