Os traballadores de Ambulancias Transa desconvocan a folga prevista para este venres 1 de novembro
Por Redacción
O comité de empresa de Ambulancias Transa decidiu, tras a mediación da Inspección de Traballo, suspender a convocatoria de folga indefinida prevista para mañá venres 1 de novembro.
A dirección da empresa comprométese a retirar os 17 expedientes abertos aos traballadores. Pola súa banda, a Inspección de Traballo mediará, a través dun laudo, para que se chegue a un acordo en relación co cómputo das horas de traballo. Ese laudo trasladarase ao persoal o próximo martes 5 de novembro.
Alfonso Boullosa, presidente do comité de empresa, mostrou a súa satisfacción ante a vía de solución do conflito aberto coa empresa. "Ahora", afirmou "tenemos que llegar a un acuerdo con la empresa sobre el cuadro laboral y las vacaciones pero es un tema menor ante la retirada de los expedientes sancionadores y la posibilidad de llegar a un acuerdo sobre el cómputo de las horas de trabaj".
Tanto a dirección coma o equipo remitirán á Inspección de Traballo o número de horas que consideran axeitado e dende o organismo mediador emitirase o laudo.