Empresas de toda Galicia presentan ofertas para Noites Abertas 2014
Por Redacción
A Concellaría de Xuventude pechou estes días o prazo para a presentación de propostas de actividades para o programa Noites Abertas 2014. Recibíronse máis propostas que nunca. Foron 232, é dicir, un 19% máis que o ano pasado cando se recibiron 190 propostas, das cales se puideron materializar 94.
Das 232 propostas, 45 foron de asociacións; 67 de empresas; 30 colectivas (de rapaces que presentan unha proposta), e 90 individuais.
Resulta especialmente relevante que se presentan ofertas de empresas de toda Galicia, algo que non ocurriu nunca. As propostas de empresas que chegaban a Noites Abertas sempre eran de Pontevedra e a súa contorna.
Agora comeza o proceso de escolla das actividades que conformarán o programa de 2014, sen pausa pero sen presa dado que a Concellaría aínda descoñece a axuda que obterá do Ministerio de Sanidade, que se solicita todos os anos.
Relacionadas:
-
Mozos pontevedreses, as Noites Abertas xa están aquí!
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Noites Abertas cumpre 15 anos coa programación máis ambiciosa e variada da súa historia
Por Alejandro Espiño |
-
Chegan as propostas para Noites Abertas 2014
Por Redacción |
-
Un 'Harlem Shake' colectivo con música en directo para despedir Noites Abertas
Por Redacción |
-
Noites Abertas prepara unha festa final para un ano que pecha con máis de 4.000 participantes
Por Redacción |