Detidos dous homes sorprendidos cunha planadora no peirao de San Adrián
Por Redacción
A Garda Civil detivo a pasada madrugada a dous homes no peirao de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, polo seu presenta relación cunha operación de narcotráfico tras sorprendelos cando supostamente tentaban descargar unha lancha planadora dun camión.
Oficialmente, o instituto armado tan só confirma que se produciron dúas detencións durante a madrugada e que todo se circunscribe nun operativo que segue en marcha.
Outras fontes apuntan a que os dous detidos foron sorprendidos in fraganti sobre as tres da madrugada cando sacaban a citada planadora do camión. O vehículo quedou atascado mentres o descargaban no propio peirao de San Adrián de Cobres presuntamente con intención de levalo ao mar.
A planadora tiña nos seus interior bidóns de combustible e motores de gran cilindrada preparados para saír ao mar.
Relacionadas:
-
Prisión para os dous últimos detidos en Arousa en relación cunha planadora localizada en Vilaboa
Por Natalia Puga |
-
Operativo antidroga en Vilanova e A Illa de Arousa relacionado cunha planeadora atopada en Vilaboa
Por Natalia Puga |
-
Piden á Xunta máis pantaláns no peirao de San Adrián de Cobres para aumentar os atraques
Por Redacción |
-
A Garda Civil relaciona a embarcación intervida en Vilaboa co tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez |