"Consternación" nas institucións galegas diante do naufraxio do 'Villa de Pitanxo'
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
As reaccións, condolencias e mostras de solidariedade dos representantes das principais institucións estatais, autonómicas e provinciais ante o naufraxio do barco "Villa de Pitanxo", con base en Marín, non deixan de sucederse.
Ao longo da mañá deste martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, compartía na súa conta de Twitter unha mensaxe de "apoio" ás familias das vítimas. "Seguimos consternados polas terribles noticias que nos chegan desde Canadá polo afundimento do barco de Marín ‘Villa de Pitanxo’.
"Poñemos a disposición do Goberno e da armadora todos os medios que precisen da Xunta. Todo o noso apoio para as familias", compartiu o dirixente popular.
Seguimos consternados polas terribles noticias que nos chegan desde Canadá polo afundimento do barco de Marín ‘Villa de Pitanxo’.
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) February 15, 2022
Poñemos a disposición do Goberno e da armadora todos os medios que precisen da @Xunta.
Todo o noso apoio para as familias
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tamén indicou que o executivo central segue "con inquietude e preocupación" as novidades acerca deste naufraxio e expresou "todo o meu agarimo" para as familias dos mariñeiros do barco de Marin.
Seguimos con inquietud y preocupación las tareas de búsqueda y rescate de la tripulación del barco gallego hundido en aguas de Terranova.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) February 15, 2022
Todo mi cariño para sus familias. El Gobierno permanece en contacto continuo con los servicios de salvamento.
Tamén o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, empregou esta rede social para facer chegar ás vítimas todo o seu apoio. "Consternado polo tráxico afundimento do buque Villa de Pitanxo, con porto base en Marín (Pontevedra), en augas de Terranova. Seguimos as tarefas de procura e rescate dos seus tripulantes en coordinación con Salvamento Marítimo", publicou.
Consternado por el trágico hundimiento del buque Villa de #Pitanxo, con puerto base en Marín (Pontevedra), en aguas de #Terranova. Seguimos las tareas de búsqueda y rescate de sus tripulantes en coordinación con Salvamento Marítimo.
— Luis Planas Puchades (@LuisPlanas) February 15, 2022
A través dunha comparecencia #ante os medios de comunicación, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, transmitía tamén o seu pesar pola traxedia. Despois de lembrar a cronoloxía dos feitos, confesou o mandatario poñerse en contacto coa empresa armadora.
"Falei co armador e nos poñemos a súa disposición e trasladamos a nosa preocupacion polo momento que están a vivir. Seguimos coas labores de búsqueda e trasladaremos toda a información en canto a teñamos", sinalou.
O mesmo medio empregou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, para expresar "a enorme dor e consternación" que deixa esta traxedia. "Seguimos de preto a evolución e xa lle trasmitín á conselleira de pesca que estamos á disposición para o que necesite. Todo o apoio e solidariedade ás familias", engadiu.
O afundimento do "Villa de Pitanxo" deixa unha enorme dor e consternación.
— Ana Pontón (@anaponton) February 15, 2022
Seguimos de preto a evolución e xa lle trasmitín á conselleira de pesca que estamos á disposición para o que necesite.
Todo o apoio e solidariedade ás familias.
A Deputación de Pontevedra tamén compartiu as súas condolencias a través dun comunicado no que expresou a súa "consternación e profundo pesar diante dun novo suceso que vén demostrar as durísimas condicións de traballo da xente do mar".
Tras trasladar as súas condolencias institucionais, solidariedade e agarimo tanto ás familias como á empresa armadora Manuel Nores, así como a todo o sector pesqueiro e á colectividade galega que vive do mar, desde o ente provincial confían en que gravidade da traxedia non aumente e que "os equipos de rescate consigan salvar as vidas do maior número posible de tripulantes".
O Partido Socialista de Galicia quixo sumarse tamén ás condolencias ás vítimas do naufraxio "acompañando ás familias dos pescadores, a todo o pobo de Marín e aos milleiros de traballadores e traballadoras do mundo do mar mentres agardan polas novas relativas ás tarefas de rescate, que permiten albiscar un pouco de esperanza logo do rescate polo momento de 3 dos 22 tripulantes do pesqueiro".
Á primeira hora desta tarde, tamén a través dun comunicado de prensa, o presidente da Autoridade Portuaria do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, José Benito Suárez Costa, quixo "expresar a absoluta consternación de toda a comunidade portuaria por esta traxedia acontecida no caladoiro de Terranova".
O dirixente fala en boca de toda a comunidade pesqueira ao recoñecer que "estamos totalmente sobrecollidos polo sucedido, máis cando afecta a un dos nosos: unha casa armadora de Marín, unha empresa que emprega a moitas persoas da zona e a un armador que ademais é parte do consello de administración deste porto".
Conclúe Suárez Costa o seu discurso poñéndose á beira dos familiares das vítimas: "Iremos sabendo máis cousas do que puido pasar pero agora mesmo o que realmente está na nosa mente son as familias de todos e cada un dos mariñeiros do Villa de Pitanxo, aos que lle queremos transmitir toda a calor e agarimo que sexamos capaces de facer chegar”, rematou.
Relacionadas:
-
O naufraxio do 'Villa de Pitanxo': sete mortos confirmados e catorce desaparecidos
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
Incerteza nas familias do 'Villa de Pitanxo': "Apenas nos dan información"
Por Alejandro Espiño |
-
A armadora do 'Villa de Pitanxo' descoñece a causa do naufraxio: "Os esforzos están centrados no rescate"
Por Redacción |
-
María Ramallo, tras o naufraxio do 'Villa de Pitanxo': "É un día moi difícil. Non recordo unha traxedia de tal magnitude"
Por Alejandro Espiño |
-
Varios mortos no naufraxio dun barco de Marín en augas de Terranova
Por Alejandro Espiño & Anxo Lourido | Creada e actualizada