A armadora do 'Villa de Pitanxo' descoñece a causa do naufraxio: "Os esforzos están centrados no rescate"
Por Redacción
O tráxico naufraxio do buque 'Villa de Pitanxo' en augas de Terranova, en Canadá, con sete mariñeiros falecidos e 14 desaparecidos, sacudiu a comarca e especialmente a vila de Marín, localidade na que tiña a súa base.
A empresa armadora da embarcación, Pesquerías Nores Marín S.L., emitiu un comunicado no que informa que "se está rastrexando a zona con varios buques e un helicóptero das autoridades de Salvamento Marítimo canadenses" en busca da tripulación desaparecida.
"Todos os esforzos da casa armadora están centrados no rescate da tripulación", sinala a firma do Grupo Nores afirmando que "se descoñecen polo momento as causas que puideron motivar o naufraxio".
O pesqueiro, de 50 metros de eslora, afundiuse ao redor das 6.00 horas da madrugada deste martes. Nel viaxaban 24 tripulantes, dos que só tres foron localizados con vida.
Relacionadas:
-
Marín, unha vila mariñeira sumida na "tristeza máis absoluta"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O naufraxio do 'Villa de Pitanxo': sete mortos confirmados e catorce desaparecidos
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
Incerteza nas familias do 'Villa de Pitanxo': "Apenas nos dan información"
Por Alejandro Espiño |
-
"Consternación" nas institucións galegas diante do naufraxio do 'Villa de Pitanxo'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
María Ramallo, tras o naufraxio do 'Villa de Pitanxo': "É un día moi difícil. Non recordo unha traxedia de tal magnitude"
Por Alejandro Espiño |
-
Varios mortos no naufraxio dun barco de Marín en augas de Terranova
Por Alejandro Espiño & Anxo Lourido | Creada e actualizada