Un servizo municipal ofrece axuda á veciñanza pontecaldelá para facer trámites por Internet
Por Redacción
Unha media de 30 persoas á semana acoden á Alcaldía do Concello de Ponte Caldelas para solicitar axuda para a realización de trámites ou cita por Internet.
Os trámites para os que se pide axuda ao persoal municipal son: a solicitude de cita para o DNI, anotarse en ofertas de emprego ou en cursos de formación, obter unha vida laboral ou pedir cita con diferentes administracións, principalmente.
Desde o Concello manifestan que a fenda dixital non entende de idades e por iso na Alcaldía sempre se teñen as portas abertas para atender a toda a veciñanza que precise axuda con calquera trámite. "Sempre os atendemos con todo o cariño e sen necesidade de solicitar cita previa", apunta o alcalde Andrés Díaz quen, xunto coa concelleira Leticia Rocha, encárgase de atender persoalmente as consultas e as necesidades dos veciños do municipio.
"Para moitos veciños, un trámite sinxelo como un permiso de queima ou unha cita para o Sepe supoñen un verdadeiro atranco, bloquéanse ante unha pantalla. Hai moitos trámites que se poden facer con un só clic, como a renovación da demanda de emprego, e, sen embargo, para moitas persoas resultan complicados", explica Díaz.
"Evitamos tamén que teñan que enfrontarse ás centraliñas interminables, pulsando números e que moitas veces rematan desesperando ós cidadáns porque non resolven o que precisan", comenta o rexedor de Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
O centro urbano de Ponte Caldelas ofrece wifi gratis a través de 10 puntos de acceso
Por Redacción |
-
As ciberestafas continúan a crecer na provincia
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas dixitaliza o seu inventario para axilizar trámites administrativos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas, unha illa dixital
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas erradica o papel e pon en marcha a administración electrónica
Por Redacción |