Mans á obra en Cuntis para previr incendios forestais
Por Redacción
O Concello de Cuntis pon en marcha unha campaña de prevención de incendios que comezou co desbroce de todas as pistas situadas nas zonas de concentración parcelaria.
Os traballos remataron xa na contorna de Mesego e Ferreiros e a brigada municipal iniciará agora os traballos na parroquia de Troáns.
A campaña complétase coa edición dun bando municipal e o envío masivo aos veciños e veciñas de Cuntis dunhas normas básicas a cumprir para preservar a masa forestal do municipio insistindo en que o valor que o monte desempeña é ameazado cada verán pola propagación de incendios forestais, afectando ás actividades agroforestais que nel se desenvolven e poñendo en risco a integridade das persoas.
O Concello de Cuntis solicita á veciñanza que cumpra coas medidas que recolle a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia xa que facilitan a loita contra o lume así como as estratexias de extinción. O Concello recorda a obrigación de respetar as distancias das plantacións; de evitar o abandono do monte e de controlar o crecemento da biomasa nas parcelas
Solicita tamén á veciñanza colaboración en cousas tan sinxelas como alertar de calquera actividade delituosa que se vexa ou ao 085 en caso de lume e que ainda tendo autorizada unha queima esta só se pode realizar polo día e se as condicións meterolóxicas o permiten.
Relacionadas:
-
Luz verde ao Plan de Defensa contra Incendios Forestais en Cuntis
Por Redacción |
-
Un incendio arrasa 500 metros cadrados de monte en Cuntis
Por Redacción |
-
Unanimidade plenaria na aprobación do Plan de Defensa contra incendios forestais en Cuntis
Por Redacción |
-
O Concello de Cuntis inicia unha rolda de reunións para explicar o plan municipal de defensa contra incendios forestais
Por Redacción |
-
Cuntis limpa as súas áreas arqueolóxicas para evitar a súa deterioración
Por Redacción |
-
Un millar de notificacións foron tramitadas en Cuntis por incumprimento na xestión da biomasa vexetal
Por Redacción |
-
Os concellos contratan desempregados para a prevención de lumes forestais
Por Redacción |