Sanxenxo estrea o seu 'banco pola igualdade' cunha andaina desde Portonovo
Por Redacción
Unhas 130 persoas participaron este domingo na andaina pola igualdade organizada en Sanxenxo dentro da programación municipal do 8M, Día Internacional da Muller.
O punto de partida para a saída foi o edificio de Servizos Sociais situado en Portonovo, sede do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Sanxenxo.
Diante deste lugar inaugurouse o primeiro banco morado do municipio co lema "A igualdade é o lema da liberdade".
Tres xeracións distintas de mulleres foron as encargadas de cortar o cordón inaugural e estrear este simbólico mobiliario urbano.
A continuación, os participantes na andaina completaron o percorrido programado, pasando polo Miradoiro da Peixeira, o paseo de Silgar e a Praza dos Barcos.
No punto final desta actividade houbo un concerto do grupo tradicional Soalleira.
Relacionadas:
-
Esta semana sae a concurso a licitación da reforma do miradoiro da Peixeira por 990.500 euros
Por Redacción |
-
Portonovo recuperará a fachada marítima do miradoiro da Peixeira e a súa conexión co campo de San Roque
Por Redacción |
-
Programan varias andainas para fomentar hábitos saudables na veciñanza de Poio
Por Redacción |
-
8M | Presentan en Portonovo un novo sinal "Sanxenxo libre de violencias machistas"
Por Redacción |
-
Sanxenxo anuncia os actos previstos ao redor do 8M
Por Redacción |
-
A xuíza especializada en violencia de xénero Paz Filgueira dá unha charla formativa aos policías locais de Sanxenxo
Por Redacción |