8M | Presentan en Portonovo un novo sinal "Sanxenxo libre de violencias machistas"
Por Redacción
O Concello presentou este martes o seu novo sinal "Sanxenxo libre de violencias machistas" en Portonovo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Unha iniciativa que leva a cabo dentro da campaña a nivel nacional de "Municipios contra os Malos tratos" de Antena 3 e a Fundación Mutua Madrileña.
A portavoz do goberno, María Deza, destacou durante a presentación que "o compromiso do goberno co fomento da igualdade e inequívoco e firme. Este sinal non vén máis que a refrendar ás políticas que, dende o CIM, o Concello está a impulsar dende os distintos segmentos da poboación".
Deza estivo acompañada das tres concelleiras de goberno, Paz Lago, Paula Martínez e Flavia Besada, do edil de Servizos Sociais, Daniel Arosa, así como representantes da Policía Local e da Garda Civil, a directora do CIM, Diana Názara, e a asesora xurídica, Beatriz Carrera.
O Concello de Sanxenxo aprobará no próximo Pleno ordinario o "V Plan de Igualdade e de prevención dá Violencia de Xénero" que marca a "folla de ruta" en materia de igualdade e de prevención de violencia contra a muller.
A estrutura do Plan recolle seis áreas de intervención cun total de 50 medidas de actuación, ademais de recoller a metodoloxía para seguir no seu proceso de elaboración, o procedemento de avaliación para coñecer o grao de execución de cada unha das medidas de actuación programadas.
Ademais, Sanxenxo renovou o pasado ano o protocolo de actuación Viogén no que traballan en coordinación a Policía Local e a Garda Civil na atención e prevención de casos de violencia de xénero.
Durante toda a xornada, no balcón consistorial colgarase unha nova lona conmemorativa do Día Internacional da Muller e en redes sociais colgarase o manifesto institucional.
Relacionadas:
-
8M | Poio reivindica a figura da muller na sociedade durante o seu paro institucional
Por Redacción |
-
Sanxenxo estrea o seu 'banco pola igualdade' cunha andaina desde Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo anuncia os actos previstos ao redor do 8M
Por Redacción |
-
A xuíza especializada en violencia de xénero Paz Filgueira dá unha charla formativa aos policías locais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo ultima o seu quinto Plan de Oportunidades e Prevención da Violencia de Xénero
Por Redacción |