Naturgy cede dúas parcelas en Caldas ao Concello para aparcamento
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis e a empresa do Grupo Naturgy UFD Distribución Electricidad SA acordaron asinar nos próximos días un convenio temporal de uso de dúas parcelas desta empresa situadas na avenida Juan Fuentes, cunha superficie duns 2.000 metros cadrados, para uso de aparcamento de vehículos lixeiros e turismos.
A cesión gratuíta dos terreos será por un período de dez anos ampliables a outros cinco, e manterase de momento a edificación que acolle un centro de transformación da empresa eléctrica. O Concello encargarase do acondicionamento do aparcamento, do seu mantemento e da limpeza das parcelas cedidas temporalmente.
O alcalde amosou a súa satisfacción por este acordo que levaba tempo negociando e que permitirá ampliar as prazas de aparcamento na entrada a Caldas dende a N-640 e a autopista AP-9, facilitando deste xeito o acceso aos establecementos comerciais da zona, tal e como estaba previsto no Plan de Mobilidade Urbana Sostible aprobado polo Concello.
Relacionadas:
-
Caldas estrea "Verdeciclos", un servizo de aluguer de bicicletas de montaña
Por Redacción |
-
Caldas ofrece colaboración á Xunta para facilitar a ampliación do IES Aquis Celenis
Por Redacción |
-
Novo aparcadoiro en Caldas para cinco autocaravanas
Por Redacción |
-
Autorízase o aparcamento de autocaravanas no campo de billarda durante a Semana Santa
Por Redacción |