En setembro comezará a mellora da PO-308 coa construcción da nova senda entre Fontenla e Combarro
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou do proceso de licitación das obras de mellora de seguridade e construcción da nova senda na estrada autonómica PO-308, entre Fontenla e Combarro, no concello de Poio, cuxas obras se iniciarán en setembro cun prazo de execución de 18 meses.
"Este proyecto suporá un investimento da Xunta de máis de 1,7 millóns de euros", segundo informou a conselleira nun acto celebrado este venres na contorna da área da Seca, en Poio.
"Será unha estrada máis funcional, máis humana e máis segura", dixo Ethel Vázquez.
As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 18 de abril para presentar as súas ofertas, mentras a Xunta xa está a avanzar no proceso expropiatorio: en febreiro procedeuse ao levantamento de actas previas, e en abril, os días 19 e 20, están convocados os actos para a formalización das actas de ocupación.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, agradeceu este investimento da Xunta nesta "importante obra" que "completa un novo tramo" para "deixar a PO-308 cunha senda peonil contínua dende a Ponte da Barca ata Raxó", aínda que restan por acometer algún treito como o de Chancelas.
A actuación na PO-308 consiste na construción dunha nova senda peonil e para ciclistas non deportivos, no treito de algo máis de 1,6 km entre Fontenla e Combarro pola marxe esquerda da vía na maior parte, aínda que tamén se executará un pequeno treito pola marxe dereita, entre a glorieta existente e o acceso ao IES de Poio.
Para salvar o rego da Cancela, executarase unha pequena pasarela en voadizo e habilitarase un novo itinerario na vía municipal de baixada á Seca. Tamén se instalarán bancos de madeira, papeleiras e unha fonte. Ademais acometeranse intervencións para eliminar un treito de concentración de accidentes existente na zona de Fontenla e disporanse 4 novas marquesiñas nas paradas de autobús e colocarase varanda de protección na pasarela sobre o rego da Cancela, así como un valo de madeira na senda que conecta co parque da Seca e na zona do miradoiro.
A titular de Infraestruturas e Mobilidade explicou que tamén mellorarán as interseccións dese treito, entre elas a de acceso ao IES de Poio, con intervencións para ampliar o abanico de xiro, e que os xiros sexan menos bruscos e máis seguros.
Tamén se reducirán os xiros á esquerda, dispoñendo cuñas de aceleración e desaceleración para facilitar as incorporacións á estrada; e habilitando 2 glorietas, unha delas de acceso á zona da Seca. Estas medidas, xunto coa redución de velocidade, contribuirán ao calmado do tráfico neste treito que soporta un tráfico elevado, especialmente no verán, unha media de 12.000 vehículos ao día.
Relacionadas:
-
As obras de mellora da PO-308 entre Fontenla e Combarro, en marcha o luns 23
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Adxudicadas por algo máis de 1,5 millóns de euros as obras de execución da nova senda e mellora de seguridade na PO-308 entre Fontenla e Combarro
Por Redacción |
-
Agís carga contra a Xunta por modificar o proxecto da PO-308 entre Fontenla e Combarro suprimindo aparcamentos
Por Redacción |
-
Valoran nuns cen mil euros o proxecto para mellorar a seguridade viaria e de servizos en Chancelas
Por Redacción |
-
160.000 euros para renovar os servizos básicos entre Fontenla e Combarro
Por Redacción |
-
O proxecto de mellora da PO-308 será presentado "nas próximas datas"
Por Redacción |
-
Acordo unánime no Parlamento para reclamarlle á Xunta a senda entre Combarro e Fontenla
Por Redacción |
-
O Consello da Xunta autoriza as expropiacións para mellorar a seguridade da PO-308 entre Fontenla e Combarro
Por Redacción |