Clamor unánime en Barro por Jessica: "Arrancáronos o que máis queríamos nesta vida"
Todo un pobo unido pola traxedia. Os veciños de Barro arrouparon onte á noite aos familiares e amigos de Jessica Méndez, a moza de 29 anos que morreu asasinada, presuntamente, polo home que levaba unha longa tempada acosándoa.
"Queremos que José Eirín pague coa pena máxima por arrancarnos o que máis queriamos na nosa vida", sentenciou unha amiga da vítima, a encargada de dar lectura ao manifesto co que concluía a concentración de condena por este crime machista.
Ás portas da casa do concello, o municipio lembrou a Jessica, "unha moza súper alegre e que sempre tiña un sorriso na boca". Ela era, destacaron, "traballadora, moi cariñosa e dedicada a todas as persoas que a rodeaban".
Lamentaron que "tiña toda a vida por diante", uns plans de futuro "que lle arrebatou de maneira máis cruel" un home para o que esixen o maior castigo posible.
Os amigos da vítima denunciaron que José Eirín, acusado de embestir o seu coche contra o da moza, "estaba obsesionado con ela". O acoso que sufría Jessica "non ten nome", engadiron, e provocara que a súa vida "estivese condicionada".
Así, lembraron que ela tivo que poñer cámaras de vixilancia en casa ou cambiar de teléfono para protexerse dunha persoa "que se cría coa potestade de arrancarlle a vida, do mesmo xeito que fixeron outros feminicidas".
Por iso, os achegados de Jessica pediron que "non nos amedrentemos cando vexamos unha situación de acoso porque sexa veciño, coñecido ou descoñecido, porque os feminicidas tamén viven preto nosa".
Advirten que "non podemos permitir que este caso quede no esquecemento" e reclamaron xustiza para ela, a pesar de ser conscientes de que "nunca máis a imos a recuperar, nunca máis poderemos ver o seu sorriso nin escoitar a súa voz".
Relacionadas:
-
Un xurado popular xulgará desde este luns a José Eirín, acusado de asasinar a Jéssica Méndez en Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O fiscal ve agravante de xénero no asasinato de Jessica Méndez: matouna "polo odio" de que levara anos rexeitándoo
Por Natalia Puga |
-
Un ano sen Jessica: "Non foi un accidente, el estábaa acosando, vixilábaa. Non houbo relación, pero foi un crime machista"
Por Natalia Puga |
-
Alerta feminista polo “feminicidio” de Jessica: “o machismo agóchase de moitas formas na sociedade”
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O sospeitoso do homicidio de Barro insiste na versión do accidente, que a Garda Civil desmonta
Por Natalia Puga |
-
O Concello de Barro pide unha investigación "exhaustiva" que "verta luz" sobre o "feminicidio" de Jessica
Por Redacción |
-
O feminismo pide saír á rúa polo "feminicidio" de Jessica: "Non podemos mirar para outro lado"
Por Natalia Puga |
-
O Concello de Pontevedra cualifica como "feminicidio" a morte de Jessica Méndez en Barro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Prisión para o homicida de Barro, recibido a gritos no xulgado: "Justicia por Jessica, por favor"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada