O feminismo pide saír á rúa polo "feminicidio" de Jessica: "Non podemos mirar para outro lado"
Por Natalia Puga
Ás 20.00 horas deste martes, 22 de marzo, o Colectivo Feminista de Pontevedra convoca na praza da Peregrina unha concentración en repulsa polo homicidio de Jessica Méndez, a moza de 29 anos á que presuntamente matou un veciño da casa familiar, José Eirín, provocando un accidente de tráfico en Barro.
A concentración ten un obxectivo similar á convocada de forma espontánea para as 20.00 horas deste luns en Barro, pero dá un paso máis nas súas reivindicacións e non dubida en falar de "feminicidio"
Susana Rosillo, do Colectivo Feminista de Pontevedra, explicou este luns, ás portas dos xulgados do Caldas de Reis, que se trata de "un feminicidio máis ocorrido en Galicia".
O caso está, de momento cualificado como homicidio doloso ou asasinato -o xuíz fará a cualificación definitiva durante a instrución xudicial- e non está considerado un caso de violencia de xénero, pero o feminismo si cre que é un caso de violencia machista.
A diferenza fundamental é a nivel legal. A Lei Integral de Loita contra a violencia de xénero esixe que, para que se considere así, debe existir unha relación actual ou pasada entre o agresor e a vítima, que neste caso non existe, de modo que, a nivel legal, non se tramitará por este delito específico, pero, a nivel social, as asociacións feministas e a contorna da vítima si cren que é resultado do machismo e a sociedade patriarcal e que a Jessica matárona por ser muller e non querer unha relación co seu agresor, de modo que o caso si é un feminicidio.
"Pódese falar claramente dun feminicio, témolo clarísimo. Desde un principio, isto parecía outra cousa, pero xa vimos que pouco a pocuo as tornas foron mudando", explicou Susana aos medios de comunicación, xusto antes de achegarse aos familiares e achegados da vítima que se concentraban ás portas do xulgado.
A concentración repetirase en diferentes localidades de toda Galicia como un acto de repulsa, porque "de verdade, isto non debería estar sucedendo, e parece que cada vez o estamos como interiorizando máis". Ademais de apoiar á familia e amigos de Jessica, fan un chamamento a saír á rúa porque " non podemos mirar para outro lado".
O Colectivo Feminista é consciente de que o caso aínda non está xulgado, pero, cos datos que hai ata o de agora, cre que non é un homicidio máis. "De momento non hai sentenza firme nin tampouco había un vinculo estreito de parella, nin afecto sentimental, co cal non se vai a tratar penso, dende o meu punto de vista, ou moita sorte imos a ter, como un acto de violencia de xénero", recoñece, pero iso non impide que elas teñan claro que si é feminicidio e un acto de violencia machista
O vínculo que había entre o agresor e a súa vítima non era de parella, pero destacan que "era dunha persoa que estaba obsesionada con esta moza" e "todo apunta a que era unha obsesión, estaba a ser acosada desde facía moito tempo por este individuo".
O colectivo aproveita para denunciar que " moitas veces, parece que temos ese medo á denuncia porque igual non se nos cre" e que "demostrar un acoso é moi complicado".
A pesar de todo, animan a todas as mulleres que estean a sufrir situacións similares á que Jessica sufría por José Eirín a que denuncien. "Ante a dúbida, denuncia, denuncia, denuncia, porque por moi pequenos que sexan son grans de area que van caendo nun muro e isto non se pode mirar para outro lado".
Relacionadas:
-
Un ano sen Jessica: "Non foi un accidente, el estábaa acosando, vixilábaa. Non houbo relación, pero foi un crime machista"
Por Natalia Puga |
-
Concentración ante a Audiencia o mércores para rexeitar o asasinato machista de Baiona
Por Natalia Puga |
-
O ano máis negro do río Lérez
Por Natalia Puga |
-
Alerta feminista polo “feminicidio” de Jessica: “o machismo agóchase de moitas formas na sociedade”
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O Concello de Barro pide unha investigación "exhaustiva" que "verta luz" sobre o "feminicidio" de Jessica
Por Redacción |
-
Clamor unánime en Barro por Jessica: "Arrancáronos o que máis queríamos nesta vida"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello de Pontevedra cualifica como "feminicidio" a morte de Jessica Méndez en Barro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Prisión para o homicida de Barro, recibido a gritos no xulgado: "Justicia por Jessica, por favor"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Detido por homicidio un condutor por provocar unha colisión frontal na que morreu unha moza en Barro
Por Natalia Puga |