Alumnado de Poio afonda nas novas masculinidades e o empoderamento feminino
Por Redacción
Máis de 130 alumnos cuarto curso de ESO e primeiro de Bacharelato participan desde este xoves no proxecto #Desenrédate, unha iniciativa que busca ofrecer á mocidade medidas de sensibilización e información para previr condutas machistas e de violencia contra as mulleres.
Trátase dunha actividade que forma parte do programa 'O saber das mulleres', organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Poio e polo CIM e desenvolto nas últimas semanas co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller (8 de marzo).
O alumnado divídese en seis grupos de traballo, realizándose sesións de 50 minutos de duración, que se prolongarán ao longo do vindeiro martes e mércores.
Esta iniciativa, segundo explica a edil delegada da área, Silvia Díaz (Avante Poio), céntrase nas novas masculinidades e no empoderamento feminino.
Por outra banda, as redes sociais tamén son protagonistas en #Desenrédate, ao contemplar uso de espazos como Instagram ou Tik-tok para a difusión de concursos e dinámicas lúdicas vencelladas á igualdade.
A concelleira responsable deste departamento incide na importancia de impulsar este tipo de iniciativas e accións formativas no tecido educativo, para que "a rapazada e a mocidade poidan atallar e evitar situacións de desigualdade ou violencia machista grazas aos coñecementos que adquiren a través destas sesións", engade Díaz.
Nesta liña tamén se está a desenvolver nos CEIPS de Poio o proxecto 'Conta comigo, Precursora', que inclúe sesións de contacontos, realizados por Polo correo do Vento, para o alumnado de segundo, terceiro e cuarto de Primaria.
MESA LOCAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Por outra banda, o pasado mércores a Casa Consistorial acolleu a celebración da Mesa Local de Violencia de Xénero, da que forman parte representantes dos diferentes ámbitos implicados na acción contra a violencia machista no municipio. A sesión serviu para darlles traslado do IV Plan de Igualdade que foi aprobado por unanimidade no Pleno ordinario do pasado mes de febreiro.
Relacionadas:
-
RADIO.- A masculinidade (arcaicamente entendida) prexudica seriamente a saúde
Por Redacción |
-
Cinco mulleres "exemplos de vida" para conmemorar o 8M en Poio
Por Redacción |
-
RADIO.- "Hai máis violencia machista agora? Non. A mesma, pero somos capaces de detectala cada vez máis"
Por Redacción |
-
O instituto e os colexios de Poio rematan con éxito dous programas de Igualdade
Por Redacción |
-
Igualdade clausura a acción formativa Espazo Empodera
Por Redacción |
-
A busca de emprego e reducir a fenda dixital entre mulleres, obxectivos do 'Espazo empodera'
Por Redacción |
-
8M | Poio reivindica a figura da muller na sociedade durante o seu paro institucional
Por Redacción |