Ence prevé unha "importante xeración de caixa" en 2022, mesmo cun "hipotético peche" da fábrica de Lourizán
Por Redacción
Ignacio Colmenares, presidente e CEO de Ence-Enerxía e Celulosa, manifestaba este xoves na Xunta Xeral de Accionistas da compañía celebrada en Madrid que este 2022 está a resultar beneficioso para a empresa ao rexistrarse un contexto favorable para a actividade da entidade, grazas a unha forte xeración de caixa e a un balance saneado, que permitirá "cumprir as nosas metas" despois dun 2021 "complicado", segundo a propia dirección de Ence.
O presidente do grupo manifestou que os bos prezos do mercado da Celulosa e a alta demanda prevista para este 2022 permiten "ter boas perspectivas" para este ano.
ESGOTARÁN AS VÍAS XURÍDICAS PARA MANTER A FÁBRICA DE LOURIZÁN
En canto ao futuro da fábrica de Ence en Pontevedra, a dirección da empresa expresou "a súa firme aposta pola continuidade", coa previsión de realizar importantes investimentos "se pode seguir operativa". Neste sentido, Ence afirma que "esgotará todas as vías xurídicas en defensa da legalidade da prórroga extraordinaria da concesión" que outorgou o goberno de Mariano Rajoy e que foi anulada pola Audiencia Nacional a través de tres sentencias.
A empresa expuxo aos accionistas que o Tribunal Supremo admitiu o recurso de casación contra dús das sentenzas da Audiencia Nacional e manteñen a súa confianza en que prospere na decisión do alto tribunal.
De todos os xeitos, a compañía xa anuncia que ten previsto unha "importante xeración de caixa e de valor en todos os escenarios, incluído o dun hipotético peche da biofábrica de Pontevedra" grazas aos investimentos realizados na factoría de Navia, en Asturias. Alí trabállase no novo proxecto 'Navia Excelente', co obxectivo de crear valor.
Ence mantén unha firme aposta pola continuidade da fábrica na ría de Pontevedra
Colmenares indicou que os investimentos previstos para as dúas instalacións reforzarán a súa "eficiencia e excelencia ambiental". O presidente do grupo industrial destacou o impulso dos produtos especiais, que xa supoñen un 16% das vendas da compañía. Estes produtos substitúen aos plásticos e ofrecen un maior valor engadido avanzando na liña da bioeconomía circular.
Ence, nesta Xunta de Accionistas, trasladou unha aposta pola sustentabilidade cunha xestión forestal sustentable, con protección da biodiversidade e o impulso da biomasa, todo baixo certificados recoñecidos internacionalmente, segundo indicou a dirección.
O outro punto onde se está desenvolvendo a empresa é no negocio de Enerxía. Os plans de futuro pasan pola filial Magnon Green Energy, con xeración renovable con biomasa e fotovoltaica; ademais dos proxectos vinculados á gestionabilidad e a seguridade de subministracións.
A Xunta Xeral de Accionistas finalizou coa substitución da ex ministra de Medio Ambiente, Isabel Tocino, do consello de administración, entre outros cambios. Este Consello mantén unha composición de 13 integrantes.
Relacionadas:
-
Convocada unha protesta ante a Subdelegación para recuperar a mesa de diálogo sobre Ence
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Esther Couceiro, nova directora da fábrica de Ence en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O Supremo admite a trámite os recursos pola segunda das sentenzas contra ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Concentración do comité de Ence para reclamar investimentos na fábrica e garantía dos postos de traballo
Por Redacción |
-
Feijóo cre que hai "bastantes posibilidades" de que o Supremo avale manter a ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ence asegura que "no caso de que a planta continúe operativa" investirá 55 millóns de euros na fábrica de Pontevedra ata 2027
Por Oskar Viéitez |