O PP de Poio denuncia ante Fiscalía "anomalías en temas económicos e de contratación" no Concello
Por Diego Espiño
A oposición municipal no Concello de Poio decidiu acudir ao xulgado ante o que entenden como "anomalías en temas económicos e de contratación" que se están producindo "de manera reiterada" no goberno local, segundo asegura o portavoz do Partido Popular, Ángel Moldes.
Os populares presentaron un escrito en Fiscalía no que denuncian unha vulneración nos procesos de contratación ao entender, tal e como explica Moldes, que o Concello está "emitindo facturas sen que exista partida presupuestaria", todo iso malia varios avisos dos interventores, segundo defende o portavoz do PP.
Ángel Moldes acusa desta práctica ao alcalde, Luciano Sobral, e a varios concelleiros da corporación bipartita, sen especificar o nome dos mesmos, aos que pide responsabilidades: "hai alcaldes do PP que pola metade do que denunciamos están imputados. As responsabilidades deben ser as mesmas para todos, goberne quen goberne".
Anxo Moldes: "Hai alcaldes do PP que pola metade do que denunciamos están imputados"
Segundo defende a oposición, esta práctica provoca que cada ano téñase que realizar unha modificación de crédito de aproximadamente un millón de euros que premitan abonar esas facturas, un modo de proceder que esconde "unha estrutura de captación de votos, estamos convencidos", defendeu Moldes.
Para pechar a súa comparecencia ante os medios de comunicación, Ángel Moldes retou ao Concello de Poio, afirmando que "se mentimos que nos denuncien".
Relacionadas:
-
O PP denuncia que o Concello de Poio deixou sen contabilizar 600.000 euros en facturas de 2014
Por Redacción |
-
O PP de Poio responde ao Goberno local: "estamos fartos de vaciles, o único que queremos é que cambien a forma de gobernar"
Por Redacción |
-
O Goberno local de Poio: "estamos tranquilos porque non hai ningún desvío raro que se nos poida imputar"
Por Natalia Puga |
-
Fiscalía traslada ao Xulgado a denuncia do PP de Poio contra o Goberno local por anomalías económicas
Por Natalia Puga |