A Estrela Michelín Yolanda León presidirá o xurado do I Campionato de Tapas de Galicia
Por Redacción
O primeiro concurso de tapas e petiscos de Galicia xa ten presidenta do xurado. Trátase de Yolanda León, Estrella Michelín desde 2009 e cociñeira xunto á súa parella Juanjo Pérez no restaurante leonés Cocinandos, será a encargada de escoller a mellor tapa de Galicia durante o I Campionato de Tapas que se celebrará en Pontevedra durante os días 2 e 3 de maio.
A recoñecida chef iniciou a súa formación profesional en Santiago de Compostela e rexenta desde 2003 o seu restaurante en León con varios recoñecementos. Entre eles destacan dous Soles outorgados pola Guía Repsol no 2018, xunto co máis importante galardón á excelencia, calidade e creatividade da cociña da Guía Michelín (distincións, ambas, que conserva ata hoxe).
"Para min é unha honra participar no primeiro certame da tapa en Galicia, xa que estou unida a esta terra desde ben pequena", destaca Yolanda León. "É un verdadeiro pracer contribuír neste evento, en pro da tapa, unha tradición española que evoluciona á par que a sociedade española e que tan arraigada está na miña cidade de León", asegura a cociñeira.
Este evento traerá á Boa Vila aos mellores cociñeiros e cociñeiras de Galicia, que poderán inscribirse totalmente de balde ata o día 13 de abril na páxina web da entidade organizadora, Academia de la Tapa. O concurso tendrá formato showcooking e contará co patrocinio e apoio de recoñecidas firmas.
Engadiu a concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, a socialista Yoya Blanco, que "se algo caracteriza a este I Campionato de Tapas de Galicia é a excelencia en tódolos aspectos da súa organización e, por ese motivo, para presidir o xurado do evento non podiamos aspirar a outra cousa que non fose o privilexio de dispoñer dunha profesional do nivel de Yolanda León, Estrela Michelín formada na nosa terra".
A edil do PSOE anunciou ademais que o campionato celebrarase na Finca Batacos, un "sensacional espazo" situado a poucos minutos do centro de Pontevedra, rodeado duns xardíns que o converten no "lugar perfecto para este evento". "Sempre é unha auténtica garantía contar coa experiencia organizadora dun xerente tan solvente como Gustavo Sobral, que se amosou disposto a axudarnos para que o Campionato de Tapas sexa un éxito", concluíu Blanco.
Desde a entidade, ademáis, declararon que Estrella Galicia será a encargada de outorgar un premio á tapa que mellor maride coa cervexa e outro á mención especial do xurado. A cervexeira respalda este certame gastronómico co obxectivo de poñer en valor aos grandes profesionais que traballan en Galicia.
No caso desta compañía, apuntan que "é moi importante dar visibilidade ao traballo e o talento que se coce nas cociñas dos establecementos de hostalería galegos. Desexamos que a iniciativa sexa todo un éxito".
O I Campionato de Tapas de Galicia distribuirá máis de 3.000 euros en premios de produtos das marcas patrocinadoras e colaboradoras do certame, destacando 1.500 euros en produtos Makro que levarán a cociñeira ou cociñeiro gañador.
Relacionadas:
-
Ao rico tapeo para demostrar o "alto nivel" da cociña en miniatura de Galicia e a Boa Vila
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Que proxecto apoiarías: Cultivos hidropónicos, cócteles con viño, un restaurante sobre o Lérez, rutas no río, ou caixas sorpresa de comida galega?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Bota a andar a pioneira Ruta de Tapas de Galicia, con 17 paradas en Pontevedra
Por Redacción & Diana Eiras |
-
'Ponte Almorzo', nova iniciativa para impulsar a hostalería de Pontevedra
Por María José Pita |
-
Rubén González gaña o premio do xurado popular no Certame 'De Tapas por Galicia'
Por Redacción |
-
Medio centenar de chefs competirán en Pontevedra no primeiro campionato de tapas de Galicia
Por Manu Otero |
-
Pontevedra albergará en maio o primeiro concurso de tapas e petiscos de Galicia
Por Manu Otero |