A procesión da Virxe das Dores percorreu este venres as rúas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A procesión da Virxe das Dores percorreu este venres as rúas de Pontevedra.
A choiva, presente case toda a xornada, deu un respiro pola tarde e permitiu á Boa Vila vivir a súa primeira procesión de Semana Santa despois de dous anos de parón. (Descarga aquí o programa completo da Semana Santa de Pontevedra)
Foi esta a segunda ocasión na que a Confraría da Nosa Señora do Amor Fermoso procesiona esta imaxe na véspera do período Pascual.
Ás oito da tarde saíu da igrexa de San José de Campolongo para percorrer a praza da Constitución, a praza de Galicia, a rúa Andrés Muruáis, Peregrina ata a praza da Peregrina onde tivo lugar o sermón antes de regresar ao momento de saída.
Tamén este venres dentro dos actos previos ao comezo da Semana Santa, estaba previsto a presentación do libro Esperanza ou o amencer da liberdade no Liceo Casino e do vídeo sobre a Historia da A. C. R. Confraría do Espírito Santo en Santa María.
Relacionadas:
-
Pontevedra vive unha das grandes citas da súa Semana Santa coa procesión dos Pasos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A chuvia obriga a suspender a procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Recuperada a procesión do Cristo das Caídas coa imaxe tradicional
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Burrita quedou en Campolongo este Domingo de Ramos
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
As clarisas autorizan o regreso a Pontevedra do Cristo das Caídas
Por Oskar Viéitez |
-
A procesión das Dores devolve a Semana Santa ás rúas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |