A Xunta chama os afectados polas expropiacións no río Lameira
Por Redacción
O pavillón do Sequelo acolleu este luns a convocatoria de expropiación dos terreos afectados polas obras do colector xeral e a construción dunha senda peonil desde Coirados ata Ponte Zapal, unhas actuacións de mellora cuxo orzamento global ascende a 3,6 millóns de euros.
A Xunta proxecta no río Lameira unha profunda renovación como parte dun convenio de colaboración do Concello de Marín con Augas de Galicia.
Renovarase o colector xeral nunha distancia de 1.600 metros, desde a súa orixe na estrada PO-313, a partir de onde o río vai canalizado ata a desembocadura.
Para levar a cabo estas obras é necesario ocupar de maneira definitiva 67 predios e outras 39 parcelas están afectadas de maneira temporal.
Relacionadas:
-
A Xunta licita as obras de saneamento na contorna do río Lameira
Por Redacción |
-
Comezan a repoñer o firme no Camiño da Cascalleira
Por Redacción |
-
O novo emisario submarino da Ría estará rematado este ano e empezará a funcionar coa depuradora en 2023
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Publícase o decreto para a expropiación dos terreos afectados polo saneamento do río Lameira
Por Redacción |
-
A Xunta autoriza expropiacións para mellorar o saneamento do río Lameira
Por Redacción |