Unha conferencia sobre Ucraína abrirá a Semana Galega de Filosofía, que pasa ao Pazo da Cultura
Por Redacción
Cambio de programación e localización na XXXVIII Semana Galega de Filosofía, que pasará a abordar a actual invasión rusa en Ucraína na súa sesión inaugural.
Será a través dunha conferencia a cargo do ex profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid Carlos Taibo, que substituirá a Atilio Borón na sesión inaugural coa súa conferencia 'Rússia frente a Ucrânia: impérios, povos, energia'.
A edición deste ano, que se celebrará entre o luns 18 e o venres 22 de abril, xirará ao redor do tema 'Filosofía e contrahexemonías' e tamén terá un cambio na súa localización. Pasará a realizarse no salón de sctos do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Tal e como informaron desde a Aula Castelao, este cambio débese a que non remataron as obras de mellora do Teatro Principal, onde ía celebrarse.
A imaxe do cartel desta 38 edición recolle unha lámina de Castelao pertencente ao álbum ilustrado "Galiza mártir" adicado á guerra, e que reflicte todo o terror da Guerra Civil española.
PROGRAMA DA XXXVIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA
LUNS 18 DE ABRIL
10:30
Carlos Taibo (profesor da Universidade Autónoma de Madrid) – Rússia frente a Ucrânia: impérios, povos, energia
17:00
Pepe Cabido (profesor de Filosofía no IES Antón Fraguas de Santiago) – Da masculinidade hexemónica á masculinidade disidente: unha experiencia pedagóxica
20:00
Jule Goikoetxea Mentxaka (Eukal Herriko Unibertsitatea) – Sobre a contrahexemonía patriarcal, nacional e neoliberal: aquí e agora
MARTES 19 DE ABRIL
10:30
Carlos Fernández Liria (Universidad Complutense de Madrid) – Elucidación do concepto de contrahexemonía. A necesidade dun discurso forte para a esquerda.
17:00
Anxo Quintela (xornalista e locutor da Radio Galega) – Galician Broadcasting Corporation. O que queremos para a Galega
20:00
Olga García Fernández (profesora de Filosofía no IES Julio Verne en Bargas, Toledo) – Escola contrahexemónica: a escola do coñecemento
MÉRCORES 20 DE ABRIL
10:30
Abraham Rubín (doutor en Filosofía, docente e investigador independente) – Inconsciente, devir cósmico e despregamento psíquico. Figuras de autorrevelación en Schelling e Jung a partir de linguaxes simbólicas sagradas
17:00
Liceo Mutante, Rede de Mulleres Veciñasis contra os Malos Tratos de Vigo, Miudiño e SCG (movementos sociais) – Formas de organización e praxe contrahexemónica
20:00
Eicardo Antunes (Universidade Estadual de Campinas, Brasil) – A classe trabalhadora no capitalismo pandémico: rumo á uberizaçao do trabalho?
XOVES 21 DE ABRIL
10:30
Óscar Horta (Universidade de Santiago de Compostela) – A consideración moral dos animais non humanos: unha introdución ao especismo
17:00
Montse Fajardo Pérez (escritora e xornalista) – As memorias proscritas
20:00
Najat El Hachmi (escritora) – Feminismo inclusivo, feminismo relativista
VENRES 22 DE ABRIL
10:30
Raquel Cardeira Varela (Universidade Nova de Lisboa) – Do adeus ao trabalho á falta de trabalhadores. Trabalhadores e o capitalismo hoje
17:00
Tiffany López Ganet (arquitecta e doutora en Educación Artística) – desdeanticontrapostCOLONIAL
20:00
Victoria Sendón de León (doutora en Filosofía e escritora) – Lección de Clausura: A contrahexemonía nos tempos do cólera
Relacionadas:
-
Francisco Jarauta abrirá en abril a Semana Galega da Filosofía
-
A Aula Castelao pecha a Semana de Filosofía cunha chamada a "unha política que coide da vida e non do capital"
Por Oskar Viéitez |
-
Carlos Taibo, na Semana Galega de Filosofía: "A dependencia entre a Unión Europea e Rusia é mutua"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Semana Galega de Filosofía presenta o seu programa cunha ollada crítica aos discursos hexemónicos
Por María José Pita |