Mércores Santo coa procesión da confraría da Maior Dor dando fin á coresma
Por Mónica Patxot & Redacción
A coresma finaliza este mércores 13 de abril e as rúas de Pontevedra vestíronse de cores escuras coa procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ao lombo, que organiza a confraría da nosa Nai da Maior Dor.
Trátase dun acto marcado pola presenza de mulleres. Esta procesión celebrábase desde o ano 1949 pero sufriu un parón de dúas décadas nos primeiros anos dos 60. A partir de 1984 rexorde a confraría e, dez anos máis tarde, recuperan esta tradicional procesión coas dúas tallas.
En 2019 non puido celebrarse con motivo da choiva e en 2020 e 2021 por culpa da pandemia. No Mércores Santo deste 2022 ás 21.00 horas partía da Basílica de Santa María e percorría as rúas Amargura, Isabel II, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e avenida de Santa María, onde se recollía finalmente.
O Xoves Santo contará cunha das citas máis esperada da Semana Santa, a procesión dos Pasos. Tamén partirá de Santa María ás 20.00 horas coas imaxes do Paso da cea; o da Oración no horto e o bico de Xudas; Xesús Cautivo e Paso da Flaxelación; Paso de Xesús atado á columna; Paso do Ecce Homo e, por último, o Paso do Santísimo Cristo da Expiración e Virxe da Soidade. As seis confrarías participantes atravesarán a praza de España, Michelena, Antonio Odriozola, Sarmiento, Curros Enríquez, Manuel Quiroga e Alhóndiga para finalizar na avenida de Santa María.
Relacionadas:
-
Conclúe a Semana Santa coa procesión do Encontro do Xesús Resucitado coa Virxe
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O 'Encontro' entre Cristo coa Cruz ao lombo e a Virxe abre o Venres Santo pontevedrés
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Pontevedra vive unha das grandes citas da súa Semana Santa coa procesión dos Pasos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A chuvia obriga a suspender a procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Recuperada a procesión do Cristo das Caídas coa imaxe tradicional
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Burrita quedou en Campolongo este Domingo de Ramos
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |