O PP propón un plan municipal de axudas de ata 600 euros para reducir a factura enerxética a familias vulnerables
Por Redacción
O portavoz do grupo do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, solicitará ante o Pleno municipal a posta en marcha dun plan de axudas destinado a "paliar la pobreza enerxética" na cidade do Lérez.
Os populares propoñen que este proxecto conte con bonos de ata 600 euros anuais dos que se poidan ver beneficiadas ata 1.500 familias.
Domínguez argumenta que "la situación económica es muy grave y la inflación está destrozando los presupuestos familiares, y como siempre, afectando sobre todo a los más vulnerables" de modo que, diante duns prezos da luz "fuera de toda lógica" o PP considera que desde o Concello de Pontevedra "debemos poder ayudar a todas aquellas familias que están sufriendo tanto".
O portavoz local do PP reclama "inmediatez" á hora de poñer en marcha estas medidas para facer fronte "a las desproporcionadas facturas de la luz" e lembra que o Concello de Pontevedra recibiu o premio Corazón de Pedra da Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais "por su baja tasa de inversión por habitante en gasto social".
Rafa Domínguez sinala que o Goberno Local administra un orzamento de 107 millóns de euros, con 27 de remanentes "es por tanto el momento de que desde el concello se ayude a los que más lo necesiten".