Detido un pontevedrés de 34 anos que trapicheaba con cocaína e haxix
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Un veciño de Pontevedra, de 34 anos de idade, foi detido como responsable como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
O arresto produciuse no marco dunha intervención conxunta da Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra, que consideran "desactivado un punto de distribución de substancias estupefacientes", concretamente cocaína e haxix.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría da Policía Nacional, as investigacións iniciáronse a principios do mes de marzo, cando os axentes tiveron coñecemento da localización de distintos puntos de venda de droga polo miúdo en Pontevedra, polo que acordaron un operativo coa Policía Local.
As investigacións postas en marcha lograron determinar tanto a identidade da persoa que sería a responsable das vendas de diferentes substancias a outras persoas, como as localizacións exactas dos "puntos negros de venda de substancias" e permitiron, ademais, incautar cocaína e haxix.
En relación cos puntos de venda, os policías constataron que existía un domicilio en Pontevedra, ademais das rúas adxacentes, que podería ser utilizado polo investigado para vender e distribuír a droga.
Finalmente, o pasado 6 de abril detívose a este pontevedrés e rexistrouse o seu domicilio, o que levou á aprehensión de diferentes cantidades de cocaína e haxix, útiles empregados e diñeiro presuntamente obtido da venda das devanditas substancias.
Relacionadas:
-
Detido un home de 33 anos que vendía droga nunha fábrica abandonada de Pontevedra
Por Redacción |
-
Un mozo de 18 anos, detido por vender haxix e marihuana nas inmediacións dun instituto
Por Redacción |
-
Detida unha mujer de 67 anos que vendía cocaína a mozos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Hermelino Alonso, Antonio Rial e o ECO Galicia, premios Nécora de Ouro
Por Oskar Viéitez |
-
Investigan un mozo de Meaño que conducía co carné retirado e tras consumir cánnabis e cocaína
Por Redacción |
-
Dan por desarticulada a rede galega de narcolanchas con epicentro en Cambados con 22 detidos
Por Redacción |