Unha ofrenda floral e a actuación de Susana Seivane para celebrar o 234 nacemento de Domingo Fontán
Por Redacción
A Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas homenaxearán cunha actuación da gaiteira galega universal Susana Seivane e unha ofrenda floral á figura do matemático nado hai 234 anos en Porta do Conde.
Os actos serán este domingo 24 de abril, a partir das 12:00 horas na Casa de Cultura-Biblioteca Porta do Conde, en Portas, onde, ademais das intervencións protocolarias en lembranza do ilustrado galego, interpretará o himno galego o Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas.
A actuación da gaiteira Susana Seivane será ás 12:30 horas, despois do acto protocolario. Seivane interpretará varias pezas recopilatorias dos seus éxitos máis coñecidos así como outras máis novidosas que conforman parte do elenco do seu novo traballo.
A continuación, membros do grupo de gaitas Domingo Fontán, de Portas, interpretarán o himno galego para que, seguidamente, representantes da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, así como membros da Corporación Municipal, depositen unha ofrenda floral diante do monumento ao cartógrafo e matemático.
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, anima a toda a veciñanza a "participar neste acto de homenaxe e memoria colectiva de todo un pobo á figura de Domingo Fontán, un home que naceu aquí, que reivindicou o seu berce e que supuxo para Galicia e para España un referente en materia cartográfica e intelectual do seu momento. Lembramos con orgullo como desde lugares modestos se pode aportar xenios e intelectuais da talla de Domingo Fontán polo que non debemos deixar pasar nunca a ocasión para mostrar a nosa admiración e recoñecemento", concluíu o rexedor.
Relacionadas:
-
Portas conmemora o 234 aniversario do nacemento do xeógrafo e matemático Domingo Fontán
Por Redacción |
-
Homenaxe aos primeiros músicos de Portas na presentación do libro de Juan Fernando Laguarta Badía
Por Redacción |
-
Portas lembra o 233 aniversario do nacemento de Domingo Fontán cunha ofrenda floral
Por Redacción |