Haberá Ludoverán 2022, Concello e Fanpa chegan a un preacordo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra e a Federación de Anpas de Pontevedra (FANPA) anunciaron que haberá Ludoverán 2022.
Este venres alcanzaron un preacordo na parte económica que posibilita organizar este exitoso programa de ludotecas que oferta unhas 2.500 para nenos e que se celebra no período estival permitindo a conciliación ás familias durante as vacacións escolares.
O concelleiro de Educación, Tino Fernández explicou que "hai un preacordo no tema do financiamento, no apartado económico" pero as negociacións aínda non remataron polo que seguirán falando nos próximos días sobre a redacción das cláusulas do futuro convenio, entre elas a duración do mesmo, "hai que velo cos servizos de Intervención e Xurídico do Concello, e tamén coa propia Fanpa", indicou o edil.
O Concello incrementará a cantidade que achegaba á FANPA coa incorporación de máis fondos dos remanentes, unha operación que ten que ir a pleno polo que "estariamos a falar de finais de xuño para a firma do convenio e a partir de aí xa sería operativo. Eses son os prazos máis optimistas que barallamos", sinalou o edil socialista.
Relacionadas:
-
O Concello volverá achegar 110.000 euros para as ludotecas de verán da Fanpa
Por Manu Otero |
-
Vacacións multideportivas e escolas de navegación para a rapazada de Vilagarcía
Por Redacción |
-
As familias de Cuntis xa poden inscribir aos seus nenos no programa Cuntilín
Por Redacción |
-
LudoCaldas ofrece 120 prazas para o mes de xullo e de 80 para agosto
Por Redacción |
-
O Campaverán se desenvolverá no mes de xullo en Carballedo
Por Redacción |
-
O PP urxe un convenio "xusto" para a posta en marcha de ludotecas públicas
Por Redacción |
-
As ludotecas de verán están no aire pola falta de acordo económico entre Concello e Fanpa
Por Manu Otero |