O Concello de Poio sacará a concurso proximamente o novo contrato da auga
Por Oskar Viéitez
O Goberno municipal de Poio agarda que o novo contrato da auga sexa aprobado polo Pleno da Corporación o vindeiro mes de xuño.
O pliego xa está rematado e estase a concluír co estudo de viabilidade.
O contrato contempla a execución de obras que servirán para garantir servizos básicos a núcleos como Fragamoreira ou Vilariño, ao tempo que se renovarán as tubaxes noutras zonas do municipio.
O Goberno local sinala que este será o paso definitivo para garantir que estas prestacións cheguen "ao 100% do término municipal". Actualmente, cúbrese practicamente o 90%, grazas aos traballos executados polo Concello en diferentes puntos do rural.
Relacionadas:
-
O Pleno municipal de Poio votará un novo trámite para poder licitar o contrato da auga
Por Redacción |
-
Augas de Galicia limpa as canles de seis ríos de Poio
Por Redacción |
-
Pontevedra substitúe unha tubaxe para garantir o abastecemento en alta de Poio e Sanxenxo "para moitos anos"
Por Oskar Viéitez |