Impulsan novas obras de saneamento en Cerponzóns e de abastecemento en Marcón e Tomeza
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal segue a dar pasos para completar o despregamento das redes de saneamento e abastecemento de auga nas parroquias do rural. As últimas obras en ser licitadas abranguen actuacións en tres delas, Cerponzóns, Marcón e Tomeza.
Por unha banda abordarase a ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Cerponzóns. O orzamento desta actuación, que beneficiará a 124 vivendas, é de 1,87 millóns de euros.
A segunda intervención é a relativa ao abastecemento de auga dende o depósito de Valadares, que daría auga á parroquia de Marcón e Tomeza. Neste caso, a previsión de investimento é de 1,7 millóns de euros, segundo costa no proceso de licitación.
Os lugares onde será levada a cabo a instalación das canalizacións son Sabarís, Valadares, Lusquiños, Pumariño, Pazos, Vilafranca e A Valadiña. Un total de 207 vivendas pasarán a recibir auga da traída con esta nova instalación.
En ambos os dous casos, o prazo de execución das obras é de doce meses.
"Esta aposta entra dentro do contrato de auga asinado xa no mandato pasado e, aos poucos, imos sacando os proxectos de cada unha das parroquias e dos lugares que integran este acordo", explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de mellora en sete parroquias do rural pontevedrés
Por Redacción |
-
Todo preparado para que a planta de tratamento de auga potable de Lérez xere enerxía eléctrica para auto abastecerse
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra substitúe unha tubaxe para garantir o abastecemento en alta de Poio e Sanxenxo "para moitos anos"
Por Oskar Viéitez |
-
Lembran á veciñanza do rural que solicite a conexión ás redes de saneamento e abastecemento antes de pavimentar as vías
Por Anxo Lourido |