O Concello pon a cobro o imposto de circulación para os 26.710 vehículos a motor matriculados en Vilagarcía
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía informa de que vénse de abrir o prazo de cobro voluntario do Imposto de Vehículos de Tracción Motora (IVTM), obriga que os contribuíntes poderán cumprir de forma voluntaria entre o 16 de maio e o 18 de xullo.
Segundo o padrón deste imposto municipal, emitiranse un total de 26.710 recibos, o mesmo número que vehículos a motor de todo tipo que figuran como matriculados en Vilagarcía (turismos, autobuses, camións, tractores, motocicletas...). A suma do importe dos recibos postos a cobro ascende a 1.872.177 euros.
A ordenanza municipal que regula o IVTM recolle bonificacións para diferentes tipos de vehículos en función das súas características. En total, no actual exercicio están bonificados 593 recibos. 281 correspóndense con vehículos para persoas con mobilidade reducida ou discapacidade, aos que se lles aplica a máxima bonificación, a do 100%, igual que a o único vehículo para asistencia sanitaria matriculado no municipio. Tamén contan co máximo desconto os 25 automóbiles históricos, que son aqueles que ademais de ter máis de 25 anos de antigüidade contan coa cualificación de "histórico"; así como 40 vehículos agrícolas. Un 75% de desconto no recibo teñen 8 vehículos ecolóxicos, os de 0 emisións, mentres que os 41 incluídos nas categorías Eco ou híbrida están bonificados nun 50%. Tamén contan con bonificación vehículos que teñen máis de 25 anos pero non están cualificados como históricos.
Unha vez rematado o prazo voluntario de pago abrirase a vía de constriximento, que implica a aplicación dos correspondentes xuros de demora.
Relacionadas:
-
A Xunta confirma que reduciu o caudal da concesión de auga da fábrica de Ence en Lourizán a un 60%
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot & Cristina Saiz |
-
A Deputación reclama á Xunta axudas directas para as confrarías de pescadores diante da suba do gasoil
Por Redacción |
-
O pleno de Poio aproba por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal do servizo de cemiterio
Por Oskar Viéitez |