O "non" de Patrimonio a derrubar o edificio de Michelena deixa no aire a demolición das Galerías da Oliva
Por Alejandro Espiño
O proxecto para demoler parte das Galerías da Oliva atopouse cun obstáculo difícil de sortear. Patrimonio da Xunta denegou a autorización para derrubar un dos dous edificios que os promotores querían tirar, o número 11 da rúa Michelena.
A pesar das alegacións presentadas polos interesados ao informe inicial que tamén rexeitaba esa posibilidade, Patrimonio insiste. A pesar de que o inmoble non está protexido, está afectado pola declaración como BIC do Santuario da Peregrina.
En concreto, a protección do templo impide cambiar a fisionomía do perímetro que o rodea e, no caso concreto deste edificio, o informe técnico conclúe que, tiralo e deixalo como un solar, non é unha opción aceptable segundo a normativa patrimonial.
Os promotores, lembran desde Patrimonio, non presentaron un proxecto concreto de rehabilitación do edificio afectado, senón só a solicitude para que se autorice a demolición.
Esta negativa do departamento autonómico deixa no aire toda esta intervención, que ía cambiar radicalmente a imaxe dunha das zonas máis céntricas da cidade.
A derriba do outro edificio afectado, o situado en Gutiérrez Mellado 3, si conta con licenza de demolición aprobada, ao non ter ningún tipo de protección urbanística.
Os promotores xa pediron recentemente unha ampliación do prazo para poder efectuar esta derriba, á espera de coñecer a decisión de Patrimonio sobre o inmoble de Michelena xa que, segundo os seus plans, a reconstrución deste ámbito abarcaría a ambos os dous espazos.
Relacionadas:
-
Trasladar Zara de Benito Corbal a Michelena, entre os plans de Inditex para Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Os donos comunican aos inquilinos que deben abandonar o edificio número 11 de Michelena
Por Oskar Viéitez |
-
As galerías da Oliva, unha rúa sen saída para os comerciantes que se libran da derriba
Por Manu Otero |
-
Solicitan licenza para derrubar outro edificio na rúa do Rouco
Por Oskar Viéitez |
-
Patrimonio non autoriza a demolición do edificio de Michelena lindeiro coas Galerías da Oliva
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello non poderá salvar as Galerías da Oliva da súa demolición parcial
Por Alejandro Espiño |
-
Desolación nas Galerías da Oliva: "Sabíamos que algo había pero non nos contaron a verdade da situación"
Por Manu Otero |
-
Proxectan demoler parte das Galerías Oliva e dous edificios en Gutiérrez Mellado e Michelena
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |