A Xunta entrega ao GES de Moraña un vehículo bomba urbana lixeira
Por Redacción
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega este mércores dun vehículo bomba urbana lixeira (BUL) ao Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) con sede en Moraña.
Con capacidade para tres persoas e adaptadas para ser utilizada en terreos con zonas de paso estreitas, a bomba urbana lixeira entregada vai facilitar o transporte de auga para a extinción de pequenos incendios, ao contar cunha cisterna con capacidade para 1.260 litros.
A Xunta inviste 150.000 euros na dotación.
Na súa intervención, o vicepresidente segundo destacou que con esta entrega, "trátase de reforzar a eficiencia do seu labor, co obxectivo de garantir algo tan fundamental como a protección e a seguridade da cidadanía".
Diego Calvo referiuse tamén ao "investimento histórico" realizado polo goberno galego nesta liña de acción, con máis de 21 millóns de euros en material cedido aos concellos galegos para os GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil "a pesar de tratarse dunha competencia local, dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación".
Relacionadas:
-
A renovación das beirarrúas da estrada PO-226 en Moraña estará concluída na primavera de 2023
Por Redacción |
-
Acción en Foresa para saber como enfrontarse a un incendio con material inflamable
Por Redacción |
-
Cuntis renova o financiamento europeo para manter o servizo de atención temperá
Por Redacción |
-
Moraña, Portas e Campo Lameiro estrean o seu novo punto limpo móbil
Por Redacción |