Luis López optará a suceder a Rueda no PP pontevedrés: "Non rehúso as responsabilidades"
Luís López, actual delegado da Xunta en Pontevedra, deu o paso. Anunciou este venres a súa candidatura para suceder a Alfonso Rueda como presidente do PP en Pontevedra. Presentarase ao congreso que os populares celebrarán o próximo 9 de xullo.
Farao, segundo avanzou en rolda de prensa, cun proxecto "continuador que non continuista" aínda que "con matices e cuestións distintas" ás do seu predecesor, do que López asegurou que fixo un traballo "excepcional" durante os seus seis anos á fronte do partido.
Entende que, tras decidir presentarse, quería trasladalo "o antes posible" ao partido "por respecto e por transparencia". Na súa decisión pesou moito, segundo explicou, "todos os compañeiros que me animaron nas últimas horas".
"Non me move ningunha ambición política ou de gran calado", sinalou o ex alcalde de Rodeiro, que engadiu que, en todo caso, "non rehúso ningunha responsabilidade" e que sempre está "absolutamente" ao dispor do seu partido.
Tras destacar que é un "municipalista convencido", Luís López asegurou que o seu traballo como delegado da Xunta e o seu cargo como secretario xeral do PP pontevedrés confírenlle un "coñecemento global" da provincia que lle sería útil nesta nova responsabilidade.
Nos próximos días centrarase en conseguir os 75 avais que necesita para certificar a súa candidatura e, a continuación, percorrerá as dez comarcas da provincia para solicitar os apoios suficientes para converterse no novo 'barón' do PP de Pontevedra.
O seu, dixo López, pretende ser un proxecto "de todos", apostando por un partido "unido, forte e ilusionante" que teña como "obxectivos claros" renovar as xuntas locais para as municipais de 2023, contribuír ao "cambio necesario" en España que leve a Alberto Núñez Feijóo á Moncloa e revalidar a quinta maioría consecutiva do PP galego en 2024.
O "reto mínimo" que se marca a curto prazo, subliñou, é que o PP logre superar as 24 alcaldías conseguidas nas municipais de hai tres anos.
De ser elixido presidente do PP en Pontevedra, Luís López confirmou que compaxinará este cargo coa súa responsabilidade como delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Luisa Piñeiro regresa á primeira liña política como 'número 2' do PP pontevedrés
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Luis López agradece o "respaldo inmenso" e presenta 2.363 avais para presidir o PP de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
"Man tendida" do PP a Landín e os concelleiros descontentos coa nova xestora de Barro
Por Natalia Puga |
-
O PP fixa para o 9 de xullo o seu congreso para elixir novo presidente provincial
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda asume "con enorme ilusión" as rendas do PPdeG: "Serei moi esixente conmigo mesmo"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Luis López asume de xeito interino a dirección do PP de Pontevedra
Por Redacción |