Preocupación ante a eventualidade laboral á que se enfrontan médicas de Urxencias en Montecelo

Por Redacción
A escaseza de profesionais médicos converteuse nun problema grave en Galicia e, en concreto, na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Nas últimas horas, Alfonso Rueda, presidente da Xunta, alertaba ao goberno central da urxencia para crear mil prazas de médicos internos residentes (MIR) para poder cubrir as vacantes actuais nos centros hospitalarios.
Ante esta situación, os sindicatos e os profesionais médicos levan tempo reclamando mellores condicións laborais con contratos de maior duración que ofrezan seguridade de cara ao futuro a medio prazo. O sindicato CESM Pontevedra denuncia, neste sentido, o caso de dúas facultativas do servizo de Urxencias do Hospital Montecelo que traballan con contratos eventuais por circunstancias da produción, os coñecidos como contratos por acúmulo. Unha delas leva catro anos e outras tres neste posto asinando contratos trimestrais, segundo denuncia o sindicato.
A sorpresa é que neste mes de xullo, cando tiñan que renovar a súa continuidade, a xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, presentoulles un contrato de tan só un mes de duración, en pleno período de carencia de profesionais médicos. Ante esta precariedade, CESM advirte de que as doutoras están a avaliar outras ofertas laborais fóra da provincia nas que lles propoñan contratos de máis duración e, por tanto, abandonarían Montecelo.
INCIDENCIAS HOSPITALARIAS
Precisamente o sindicato médico sinala que este xoves, ás 08.00 horas, quedaban pendentes de ingreso en cama hospitalaria un total de once pacientes. Denuncian tamén que a tomografía computarizada, o TAC, de Montecelo atópase sen actividade durante a mañá debido a unha revisión técnica. Esta circunstancia obriga a que os pacientes que requiran esta proba teñan que desprazarse ao Hospital Provincial.
Fronte esta situación sanitaria, Enrique Marra-López, representante de CESM Pontevedra, critica que o Sergas decidise iniciar obras en varios despachos da dirección no Hospital Provincial porque "ao parecer non son o suficientemente cómodos para os seus ocupantes".
Este colectivo manifesta o seu malestar ante decisións que acomete a xerencia que lidera José Ramón Gómez e pide a participación ás 20.00 horas deste xoves na concentación cidadá diante do consultorio de Raxó, no municipio de Poio, para demandar a presenza de persoal médico para atender á poboación durante todo o verán, xa que actualmente o centro, malia estar aberto, carece de facultativos.
Relacionadas:
-
Un cento de futuros médicos residentes coñecen as especialidades da área sanitaria
Por Redacción |
-
Advertencia do Consello Galego de Colexios de Médicos: "deixar só a un MIR nun PAC vulnera a lei"
Por Redacción |
-
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos augura unha fin de semana de colapso nas Urxencias de Montecelo
Por Redacción |
-
Un paciente de 87 anos, "desesperado" tras 92 horas sen médico e horas sen beber en plena vaga de calor
Por Natalia Puga |
-
Os sindicatos alertan do "caos" no servizo de Urxencias do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Doce estudantes de Estados Unidos realizarán prácticas de observación no Complexo Hospitalario durante este mes
Por Redacción |
-
Concentración en Raxó para requirir persoal médico e un servizo sanitario "con todas as garantías"
Por Redacción |
-
Xoves de protesta en Raxó para esixir persoal médico no centro de saúde
Por Redacción |
-
O falecemento de dous homes eleva a 75 o número de mortes con covid na área sanitaria neste ano
Por Redacción |
-
CESM mantén a súa preocupación polo "caos" de pacientes en Montecelo
Por Redacción |
-
Cubela traslada o seu malestar ao Sergas pola ausencia de atención médica no centro de saúde de Cerdedo
Por Redacción |
-
CESM advirte da presenza doutros 26 pacientes en Urxencias á espera de cama en Montecelo
Por Redacción |
-
A Xerencia da área sanitaria insiste na dispoñibilidade do 100% das camas hospitalarias durante o verán
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Sergas sostén que o Consultorio de Raxó garantirá a atención asistencial con persoal de servizos xerais e de enfermería
Por Redacción | Creada e actualizada