Eliminado un punto de vertedura de augas industriais en Bamio
Por Redacción
A Xunta de Galicia vén de eliminar un punto de vertido de augas industriais que se encontraba cara un rego en Bamio, no concello de Vilagarcía de Arousa.
O Servizo de Emerxencias do 112 alertou o persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia e constatou o ocurrido, localizando a súa orixe nas instalacións dunha empresa asentada no polígono industrial.
Unha vez ubicada a orixe, Augas de Galicia notificou ao titular da empresa esta situación e solicitou a adopción de medidas para evitar novos vertidos irregulares.
Os técnicos autonómicos realizaron unha nova inspección e verificaron a instalación dun muro de contención na zona e o selado dos puntos de filtración a través dos cales se produciron as achegas cara á canalización de augas pluviais, eliminando así o vertido.
Relacionadas:
-
Eliminan un vertido que levaba augas residuais industriais dunha empresa a un rego en Vilanova
Por Redacción |
-
Eliminado un punto de vertedura de augas residuais ao río Chaín en Portas
Por Redacción |
-
A orixe da vertedura a un regato de San Miguel de Deiro era unha lavadora dunha vivenda particular
Por Redacción |