Sanxenxo agarda atender 75 familias co novo contrato do servizo de axuda no fogar
Por Redacción
A través do organismo autónomo Terra de Sanxenxo, o goberno municipal licitou o novo contrato para xestionar o servizo de axuda no fogar, no que Sanxenxo prevé investir 3,1 millóns de euros no próximos catro anos.
O novo contrato permitirá incrementar as horas actualmente dispoñibles, 33.129, ata as 59.632 horas no período da concesión. Esta ampliación permitirá chegar a 75 familias, fronte ás 55 que se atenden actualmente.
O prego recolle ademais importantes melloras que redundarán nun mellor servizo ás familias usuarias como 150 sesións de podoloxía, 150 sesións de rehabilitación terapéutica ou actividades de formación a familias e persoas coidadoras.
Haberá ademais actividades preventivas para familias vinculadas aos tipos de atención socioeducativas, dez guindastres de mobilización, dez cadeiras de ducha, dez cadeiras de bañeira, dez camas articuladas ou limpezas e hixienes de carácter urxente e especial en domicilios.
En suma, o Concello calcula que as melloras ascenden a un total de 33.100 euros.
Na actualidade, o servizo está conformada por máis de 20 auxiliares de axuda a domicilio e unha coordinadora que serán subrogadas pola nova empresa concesionaria que xestione o SAF.
Unha cuestión de índole administrativa freou a anterior licitación do servizo e permitiu ao goberno readaptar os pregos de acordo con as necesidades actuais.
Relacionadas:
-
Convocan folga indefinida nos servizos de axuda no fogar a partir do 2 de novembro
Por Oskar Viéitez |
-
'Son a túa axuda' vai encargarse do servizo de Axuda no Fogar por máis de tres millóns de euros
Por Redacción |
-
Aumentan as horas en Sanxenxo do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Sanxenxo destinará 655.000 euros do orzamento do 2022 ao servizo de axuda no fogar
Por Redacción |