O PP asegura que os bombeiros de Pontevedra están nunha situación de "semiesclavitud"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular asegurou que os efectivos do corpo municipal de Bombeiros de Pontevedra están nunha situación de "semiesclavitud" xa que "nos consta que se realizan jornadas laborales de 36 horas de manera ininterrumpida y que se llegan a acumular 96 horas de trabajo semanal".
Os concelleiros do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez e Pepa Pardo, visitaron este mércores o parque municipal de Bombeiros, ante as "pésimas condiciones laborales en las que estos profesionales tienen que desarrollar su trabajo".
Segundo informaron, nestes momentos, máis do 40% do persoal está de baixa, "en muchos casos debido a la presión y el estrés al que están sometidos".
O portavoz local do PP, Rafa Domínguez afirmou que este gran número de baixas "es el resultado de realizar jornadas interminables, con bomberos al límite tanto física como mentalmente".
Domínguez explicou que se están producindo "situaciones escandalosas, como la obligatoriedad a la realización de jornadas interminables, con bomberos extenuados por un exceso de trabajo y con cuadros de ansiedad severa".
Como exemplo, o popular contou que se deron casos nos que desde o Goberno local enviouse a unha dotación da Policía Local ao domicilio dun bombeiro, ante a presenza dos seus fillos menores de idade, para requirir a súa presenza no parque "ante la total falta de efectivos".
Aseguran os populares que son casos "que se producen de manera habitual" e que xeraron unha situación "insostenible que pone en riesgo la capacidad operacional del cuerpo". E apuntan que, no momento da vista, só había unha dotación de catro bombeiros no parque, cando o que a lei esixe que haxa dúas e estean formadas por seis profesionais.
Domínguez ademais fixo referencia a un estudo de prevención de riscos psicosociais, elaborado por requirimento de Inspección de traballo, que recolle como medida correctora aumentar o número de efectivos e a participación do persoal na toma de decisións sobre as súas condicións de traballo.
Por todo iso, o grupo municipal do PP solicitará no próximo Pleno municipal o compromiso do Goberno local coas reivindicacións deste servizo de emerxencias, "teniendo en cuenta además que Pontevedra es la ciudad gallega con menos bomberos".