Agustín Fernández, elixido novo secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra
Por Diego Espiño
Os militantes do PSdeG-PSOE en Pontevedra decantáronse por Agustín Fernández como novo secretario xeral da agrupación local, por diante da lista que encabezaba Jesús Gómez Arias.
Nunha votación caracterizada pola alta participación, Fernández logrou 118 votos polos 105 do seu rival.
Así, o actual concelleiro de Deportes no Concello de Pontevedra convértese no novo home forte dos socialistas na cidade de Lérez, substituíndo no cargo a Guillermo Meijón, cun obxectivo que pasa, segundo as súas palabras, por "trabajar para que la agrupación recupere la confianza de los ciudadanos de cara a 2015".
Agustín Fernández: "De momento sólo me veo como secretario xeral y preparando las primarias, después serán los militantes los que decidirán"
Polo momento Fernández non quere oír falar de ser candidato nesas eleccións, asegurando que só se ve "como secretario xeral y preparando las primarias, después serán los militantes los que decidirán".
Para o recén elixido dirixente local do PSOE a votación celebrada este sábado supón "un punto de inflexión porque los militantes hablaron y ahora toca ir todos en la misma dirección".
Así a súa primeira tarefa será, segundo anuncia, "tender puentes y buscar uniones" cos compañeiros que non lle apoiaron e que integraban a lista de Gómez Arias, falando con todos eles "desde el lunes mismo".
Ademais de Agustín Hernández a nova organización do PSdeG-PSOE en Pontevedra queda establecida do seguinte xeito: César Martínez (Secretario de organización), Patricia Vilán (Política Institucional), Roberto Taboada (Promoción Económica), Monserrat García-Lastra (Educación), Manuel Fariña (Deportes e Turismo), María del Carmen Larriba (Política Social), Manuel Vidal (Estudos e Programas), Sara Díez (Igualdade), Roxelio Pérez (Política Municipal), Eugenia Jorge (Participación Cidadá), Víctor Pedreira (Sanidade), María del Carmen Casalderrey (Medio Ambiente), Jesús Miguélez (Acción Electoral) e Camilo Garrido (Política Territorial).
Ademais como adxuntos en diferentes departamentos estarán Jesús Fernández, Carlota Román, Vanesa Estévez e Andrea Álvarez.