Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, dous 'peregrinos sorpresa' no Camiño Portugués
"¿Empezamos?", díxolle Alberto Núñez Feijóo aos xornalistas que o esperaban, na entrada da estación de autobuses de Pontevedra, para acompañalo no seu paseo polo tramo urbano do Camiño Portugués. "Pero hasta Santiago del tirón", retárono.
Non foi ata alí, senón ata un lugar máis próximo, a ponte do Burgo, ata onde camiñou o presidente nacional do Partido Popular que, ataviado cuns vaqueiros e unha camisa azul, se citou co seu sucesor á fronte da Xunta, Alfonso Rueda.
O seu foi, sen dúbida, un baño de masas. Apenas podían camiñar uns metros ata que alguén os paraba, principalmente os propios peregrinos -chegados desde Valencia, Toledo ou mesmo Estados Unidos-, para saudarlle ou para facerse unha foto con el.
Certo é que o numeroso séquito que os acompañaba, entre eles Rafa Domínguez, Pilar Rojo ou Lupe Murillo, facía difícil que pasasen desapercibidos ao seu paso polo Gorgullón, Virxe do Camiño ou a Peregrina, ante cuxo santuario decidiron inmortalizar a súa camiñada.
Ademais de saudar a numerosos comerciantes e ás persoas que, ao berro de "presidente", se dirixían a Feijóo, tamén se fotografaron ante o mural dedicado a Tino Lores que, como bo anfitrión do Camiño Portugués, acompañoulles en todo momento.
Apertóns de mans e abrazos, fotos con quen mesmo se baixaba do coche para saudalo e si, tamén algún que outro cabreo e malas caras pola lentitude do paso da comitiva, que obstaculizaba a circulación dos vehículos, foron a tónica deste paseo.
Durante máis de media hora, Núñez Feijóo e Alfonso Rueda foron dous peregrinos máis. Quizais os máis ilustres que este xoves percorran os dous quilómetros do tramo máis urbano do Camiño Portugués a Santiago en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda cita a Fernández Lores para o próximo 25 de outubro
Por Alejandro Espiño |
-
Mocidade voluntaria di adeus despois de dous meses atendendo os peregrinos no programa 'Xacobeando'
Por Redacción |
-
Isabel Díaz Ayuso, a 'máis buscada' na carballeira de San Xusto
Por Redacción |
-
Que Núñez Feijóo goberne "canto antes" en España, o 'conxuro' do PP na carballeira de San Xusto
Por Alejandro Espiño |
-
"Habrá más sorpresas" para Pontevedra cos concertos do Xacobeo
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo inaugura o sábado na carballeira de San Xusto o seu primeiro curso político como líder do PP
Por Redacción |