O Concello de Poio aproba o plan de disposición de fondos
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o novo Plan de Disposición de Fondos do Concello de Poio, un documento que entrará en vigor no día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (Boppo).
O documento, tal e como explica o concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro (BNG), "supón unha ferramenta importante de planificación para o departamento de Tesourería" e busca facilitar o cumprimento de obxectivos como acadar unha axeitada distribución temporal dos pagamentos, "de maneira que se axeiten ás dispoñibilidades de efectivo previstas na Tesourería, de acordo cos fluxos dos ingresos". Desta maneira, apunta Barreiro, "o que se consegue é unha correcta estimación das necesidades de endebedamento e unha maior optimización dos recursos dispoñibles".
O concelleiro do Goberno local apunta que o Concello aproba este plan dando así cumprimento á normativa vixente. "É un documento que a día de hoxe aínda non está operativo en moitas Administracións locais, pero nós xa o poñemos en marcha", indica Barreiro Lubián. O devandito plan poderá ser consultado pola cidadanía na Sede Electrónica, no apartado de Transparencia. Contra a súa aprobación poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, en caso de que así sexa considerado. O documento recolle, entre outras cuestións, as prioridades na ordenación e execución material dos pagos, así como a maneira de proceder en situacións hipotéticos de falta de liquidez.
O responsable da área de Facenda sinala a importancia de impulsar este tipo de ferramentas, que axudan a continuar garantindo o bo funcionamento do Concello en materia económica. Neste sentido, Xulio Barreiro afirmou que "a día de hoxe Poio é un dos municipios da bisbarra que conta cunha media máis baixa e efectiva en cuestións como o período medio de pago a provedores". No segundo trimestre de 2022, o tempo para efectuar os pagos correspondentes foi inferior a 15 días de media, o que supón un dos rexistros trimestrais máis baixos dos últimos anos. Tal e como explica o concelleiro de Facenda e Economíaisto supón practicamente a metade de días do máximo de prazo que marca a normativa vixente, que define en 30 as xornadas para a aprobación das facturas correspondentes a este tipo de servizos e outros 30 para efectuar o pagamento.
"Apostamos por axilizar estas xestións para que as empresas e provedores cobren o antes posible", finaliza.
Relacionadas:
-
O Ministerio de Facenda 'levanta' o plan de axuste ao que estaba sometido Sanxenxo desde 2012
Por Redacción |
-
As Festas da Virxe do Carme e das Dores de Samieira xa teñen programa
Por Redacción |
-
Xa está operativo o aparcadoiro disuasorio nas proximidades do CEIP Lourido
Por Redacción |
-
A Volta a Galicia parte este ano desde Poio nunha homenaxe a Magín Froiz
Por Manu Otero |