Festas en Carballedo na honra de San Miguel e cun xantar de confraternidade veciñal
Por Redacción
O alcalde en funcións de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, e o concelleiro Bruno Portela acompañaron aos membros da comisión de festas de Carballedo, Lucía Regadas, Cristina Fraguas, Elena Fraguas, Raquel Touriño, Nadia González, Mónica González, Ana Novo, Sofía Villaverde e Andrés Rodríguez na presentación do programa que se desenvolverá os días 30 de setembro e 1 de outubro na parroquia na honra de San Miguel.
O programa festivo arranca o venres día 30 de setembro ás 22:30 horas coa celebración dunha verbena amenizada por 3.com e o trío La Noche do Grove.
O sábado 1 de outubro terá lugar unha misa solemne na honra de San Miguel, seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas Os Afoutes do Canón de Pau.
A xornada festiva do sábado concluirá ás 15 horas cun "xantar popular de irmandamento e convivencia veciñal" preparado por Mesón Casa Inés e que estará amenizado pola Charanga Charandonga e que será servido no Campo do Emigrante. O aforo é limitado e os tíckets están á venda nos establecementos colaboradores e a través dos membros da comisión de festas. Durante a xornada festiva haberá carpa e servizo de bar.
O alcalde en funcións do Concello de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, agradeceu aos membros da comisión de festas a súa implicación e felicitounos por impulsar a celebración destas actividades festivas que contribúen ao encontro veciñal como o xantar popular que realizarán o sábado como remate festivo.
Relacionadas:
-
Presentado o programa de festas de Carballedo
Por Redacción |
-
Borela prepárase para celebrar as festas do Bolo de San Martiño
Por Redacción |
-
Festas en Corredoira na honra da Virxe das Dores
Por Redacción |
-
A parroquia de Aguasantas anuncia o programa das festas patronais
Por Redacción |
-
Valongo quenta as cociñas para celebrar esta fin de semana a Festa da Filloa
Por Redacción |
-
Tenorio prepárase para as festas na honra da Virxe do Rosario, San Roque e a Virxe do Carme
Por Redacción |