Unha fin de semana de récord na Festa do Marisco
Por Redacción
A Festa do Marisco vive unha fin de semana grande de celebracións dentro da súa programación e de auténtico récord.
Segundo datos oficiais achegados polo Concello do Grove, só durante o día do sábado vendéronse na carpa de degustación 26.637 tickets de todo tipo de produtos.
O ritmo frenético continuaba este domingo, aderezado con outros eventos como a Feira de Oportunidades, a regata de dornas ou a Carreira Popular Festa do Marisco, na que venceron Manuel Furtado (Sociedad Gimnástica) en categoría masculina e Iria Campos na feminina.
A xornada contou ademais coa visita institucional da presidenta provincial, Carmela Silva, á que o alcalde José Antonio Cacabelos agradeceu o seu apoio a través da Deputación paara "seguir crecendo ano a ano e seguir facendo da Festa do Marisco un evento turístico de referencia".
A guinda ao fin de semana poñíana as actuacións musicais, con Maika Makovski e Kula Shaker abarrotando a carpa de concertos a noite do sábado e o colofón deste domingo con Lila Downs dentro do ciclo de concertos do Xacobeo.
Relacionadas:
-
Degustación de peixe e marisco na Praza de Ourense
Por Alba Feijoo Alonso |
-
O Grove remata a Festa do Marisco batendo o récord de facturación con 889.288 euros
Por Redacción |
-
Tanxugueiras, tras a súa foliada na Festa do Marisco: "Imos a levar este concerto no corazón para sempre"
Por Alejandro Espiño |
-
As Centolas de Ouro 2022 recaen en Alfredo Fernández, Miguel Besada, Hotel Talaso Louxo e BDRI
Por Redacción |
-
Comensais chegados de toda Galicia e do estranxeiro rendéronse ante o arroz de marisco e o polbo á feira
Por Redacción |
-
Xoel López, cómplice do "éxito rotundo" de asistencia este sábado na Festa do Marisco
Por Redacción |