O Grove remata a Festa do Marisco batendo o récord de facturación con 889.288 euros
Por Redacción
A Festa do Marisco chega ao seu fin batendo todos os rexistros de vendas de tickets nas súas casetas. En total foron 160.751 os tickets de todo tipo de productos vendidos durante toda a Festa nos puntos de venda, predominando o polbo á feira con 10.310 racións e o arroz de marisco con 10.157 racións vendidas ao longo de toda cita gastronómica.
O número total de tickets vendidos foi de 160.751 e a facturación total foi de 889.288 euros euros.
Os produtos máis vendidos foron: polbo á feira 10.310 racións; arroz de marisco 10.157 racións; empanada 8.645 racións; zamburiñas 7.303 racións; navalla 7.133 racións; mexillóns ao vapor 4.294 racións; croquetas de marisco 4.226 racións; ameixas á mariñeira 4.166 racións; vieira ao forno 3.724 racións; ostra 3.652 racións; berberechos 3.101 racións. E tamén: cerveza 14.008, auga 6.400, viño albariño 4.221, ribeiro 3.232, vaso reutilizable 26.660 e pan 11.322.
O alcalde, José Antonio Cacabelos, declarou sentirse "moi orgulloso de que todo saíse á perfección, despois de dous anos de pandemia, posto que abordamos a organización con certa incertidume polo que puidera pasar, pero despois dos datos de asistencia e de venda nas caixas podemos dicir que foi un rotundo éxito".
"Ao longo desta edición pasaron polo Grove milleiros de visitantes chegados de Galicia, Portugal, España e mesmo de moitos puntos de Centro-Europa, dinamizando a economía local, da comarca do Salnés e mesmo da provincia de Pontevedra durante o mes de outubro", engadiu o rexedor.
Cacabelos fixo referencia tamén á variedade de actividades programadas durante todo a Festa, conseguindo que moitos dos visitantes chegaran por moitas cousas que non fan referencia ao marisco, pero quedaran na vila pola gastronomía.
"A Festa do Marisco desde 2022 será unha edición para o recordo polo seu número de vendas, pero eu quero lembrarme de toda esa xente que traballa para que a Festa saia adiante durante os 365 días do ano e, por suposto, de todos, cociñeiros e cociñeiras, vendedores, operarios, etc. Toda esa xente que aporta o seu grao de area para que o evento saia da mellor forma posible", rematou o rexedor.
Relacionadas:
-
O Grove recibirá dous millóns de euros de fondos europeos para o seu proxecto 'Gastromeca'
Por Oskar Viéitez |
-
Tanxugueiras, tras a súa foliada na Festa do Marisco: "Imos a levar este concerto no corazón para sempre"
Por Alejandro Espiño |
-
Unha fin de semana de récord na Festa do Marisco
Por Redacción |
-
As Centolas de Ouro 2022 recaen en Alfredo Fernández, Miguel Besada, Hotel Talaso Louxo e BDRI
Por Redacción |
-
Cacabelos convida ao canciller alemán, Olaf Sholz, a volver a visitar O Grove
Por Oskar Viéitez |