O Grove recibirá dous millóns de euros de fondos europeos para o seu proxecto 'Gastromeca'
Por Oskar Viéitez
O Goberno aprobou, a través da Conferencia Sectorial de Turismo, a posta en marcha en Galicia de 16 proxectos beneficiarios da II Convocatoria extraordinaria do programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino 2022, financiado integramente con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Un dos proxectos aprobados é a Gastromeca, do Concello do Grove.
En total, Galicia recibirá 34.575.400 euros para o desenvolvemento dos proxectos aprobados na rexión. No conxunto do Estado, o Goberno investirá 720 millóns de euros dos fondos Next Generation da Unión Europea en materia de sustentabilidade turística, segundo informou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
Na súa reunión deste mércores, a Conferencia Sectorial de Turismo aprobou definitivamente un total de 196 proxectos de sustentabilidade turística en destino para todas as comunidades autónomas, dos que 175 serán xestionados polas entidades locais beneficiarias e 21 corresponden a accións de cohesión que desenvolverán as propias autonomías e tamén terán impacto en destino.
Entre os 16 proxectos de sustentabilidade turística aprobados en Galicia, atópase un para o Concello do Grove: A Gastromeca. Consiste na construción dun novo modelo baseado na emoción e autenticidade a través da súa cultura gastronómica.
A axuda é de 2.000.000 euros cos que se pretende actuar no Museo do Salgadura e na mellora da promoción da Festa do marisco, así como na restauración e protección da contorna natural (praias, carreiros, áreas de descanso…).
Relacionadas:
-
Visto e prace ao convenio para 'A Gastromeca', o plan de sustentabilidade turística do Grove con fondos europeos
Por Redacción |
-
Rosana Morillo e José Miñones confirman no Grove a aposta do Goberno pola Gastromeca
Por Redacción |
-
Os premios "Turismo Sostible Provincia de Pontevedra" recoñecerán a aposta das empresas polas boas prácticas
Por Redacción |
-
O Grove remata a Festa do Marisco batendo o récord de facturación con 889.288 euros
Por Redacción |