'Namórate de ti' chega a Cambados para impulsar a autoestima das mulleres a través da fotografía
Por Redacción
As mulleres de Cambados teñen a posibilidade de formar parte do proxecto 'Namórate de ti', que se pon en marcha no municipio a través da concellería de Igualdade que dirixe Fátima Abal. Trátase dunha proposta desenvolvida xa noutros concellos con notable éxito de participación e que busca promover a autoestima e o empoderamento das mulleres a través dun obradoiro fotográfico.
Está aberto a todas as mulleres e, especialmente, a aquelas en situación de vulnerabilidade por atoparse en situación de desmpleo, en perigo de exclusión social ou por ser vítimas de violencia de xénero ou situacións similares. A proposta, segundo explicaron as súas promotoras Patricia Maquieira e Tegra Gómez na presentación, onde estiveron acompañadas polo alcalde Samuel Lago, é desenvolver catro sesións nas que se combinan dinámicas individuais e colectivas co obxectivo de analizar etiquetas impostas para quitalas, espíndose intelectual e fisicamente coa proposta de mostrar as posibilidades de cada unha das participantes.
As sesións conclúen con realización de fotografías en branco e negro nas que as participantes se sintan cómodas. Despois deberán seleccionar dúas imaxes para realizar unha exposición chea de simbolismo, eliminando os estigmas sociais impostos.
As sesións, de carácter gratuíto, realizaranse os días 18, 19, 25 e 26 de outubro na Casa da Calzada (Exposalnés) en horario de 17 a 20 horas. O prazo de inscrición atópase aberto e debe realizarse a través do correo prensa@cambados.es
Relacionadas:
-
O salón de plenos de Cambados acolle a exposición do curso 'Namórate de ti'
Por Redacción |
-
González Formoso avala a Samuel Lago como cartel electoral do PSdeG-PSOE en Cambados
Por Redacción |
-
Os comercios da Praza de San Xosé e da rúa Rosalía de Castro exhiben as fotografías do programa 'Namórate de Ti'
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
"A casiña violeta", un proxecto do CIM de Sanxenxo para formar en igualdade a menores deste 5 e 8 anos
Por Redacción |
-
Os comercios das rúas Castelao e Cruz Gallástegui exhiben as fotografías do programa 'Namórate de Ti'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
'Namórate de ti' fomenta o empoderamento e o amor propio coa súa nova edición
Por Redacción |
-
Poesía e fotografía para clausurar o obradoiro Namórate de Ti
Por Redacción |
-
'Namórate de ti', mulleres que fortalecen a autoestima a través da fotografía
Por Mónica Patxot & Redacción |