Regresa a Escola Feminista para a Mocidade, con oito obradoiros de formación, encontro e reflexión colectiva
Por Redacción
A programación do departamento municipal de Xuventude encara cinco meses de nova programación con dous dos seus programas máis exitosos, Pisando Forte e Escola Feminista para a Mocidade, pensados para persoas de entre 15 e 35 anos.
Todas as actividades teñen xa aberto o prazo para solicitude de prazas, que se prolongarán ata o mes de marzo. Toda a información pode consultarse a través das ligazóns www.apuntante.pontevedra.gal e www.xuventude.pontevedra.gal.
Teñen prioridade as persoas empadroadas en Pontevedra e a mocidade menor de 35 anos, pero no caso de quedar prazas baleiras, podería ampliarse este rango de idade e tamén se poderá abrir a persoas de fóra de Pontevedra. Ademais, en todas as accións formativas reservaranse 2 prazas para persoas con discapacidade.
O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presentou este mércores os dous programas, que teñen un orzamento total de 18.500 euros, sendo a maior cantidade, 10.500, para Pisando Forte e 8.000 euros para a Escola Feminista da Mocidade.
Pisando Forte e un programa formativo que busca fomentar a empregabilidade e tamén a autonomía e desenvolvemento persoal da xente moza e a Escola Feminista para a Mocidade procura ser un espazo activo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectiva feminista.
Á hora de deseñar a programación de cada un destes proxectos, desde o Concello procuran estar "pegados á realidade".
Todos os cursos vanse impartir na Casa Azul, o Local de Ensaio, o Pazo da Cultura e un deles tamén na academia ARA.
Pisando Forte inclúe oito cursos :
- Curso de manipulación de alimentos e normativa de alerxias e intolerancias (en liña e presencial)
- Obradoiro Maldita.es: para que non cha Coen. Distingue a información fiable
- Baño de Bosque (Shirin Yoku)
- Curso de Produción Musical
- Obradoiro de emprendemento
- Obradoiro Maldita.es: Ciberseguridade, saúde dixital e erradicación do odio na rede
- Obradoiro de saúde e conciencia social
- Obradoiro de Teatro-Improvisación para a procura de emprego
A Escola Feminista para a Mocidade inclúe outros oito cursos:
- Club Bordadoras feministas: Obradoiro ‘Construíndonos en tea’
- Círculo de Empatía
- Interseccionalidade e teatro da oprimida. Privilexios dunha muller branca
- Sexo, poder e parella
- Club Bordadoras feministas: Obradoiro ‘Borda o teu manto 8M’
- Como axudo? Modos de acompañar as afectadas polas violencias machistas
- Agresións sexuais. Conversas entre iguais
- Racha co teu macho
Relacionadas:
-
A Escola Feminista da Mocidade inicia o curso de igualdade e prevención das violencias machistas
Por Redacción |
-
Oferta de prazas para obradoiros e actividades da Escola Feminista para a Mocidade
Por Redacción |
-
'Con_versas Z', a mocidade pontevedresa falando dos temas que lle preocupan, agora en Spotify e Ivoox
Por Redacción |
-
Universitarios europeos pintarán un mural no lavadoiro de Os Areás, en Mourente
Por Manu Otero |
-
'Pisando forte' e a 'Escola Feminista da Mocidade' anuncian as súas actividades ata final de ano
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Oubiña valora como un éxito o desenvolvemento das actividades de PonteVerán
Por Redacción |
-
Seis obradoiros para mellorar a empregabilidade e o crecemento persoal da mocidade de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |