Catro días de actividades "de medo" no Ganapán polo Samaín
Por Redacción
O Samaín prolongará durante catro días as actividades do Ganapán. Así, ademais do sábado 29 e o domingo 30, tamén haberá o luns 31 de outubro e o martes 1 de noviembre.
Será un terrorífico Ganapán que convida á rapazada a celebrar o Samaín no Gastroespazo do Mercado cunha oferta de actividades culinarias e creativas coas que o pasarán de medo.
Os nenos de 4 a 10 anos que desexen participar deberán reservar praza previamente a través do email oganapan@gmail.com, indicando no correo electrónico se teñen algunha alerxia ou intolerancia.
Os talleres darán comezo o sábado 29 de outubro cun obradoiro no que os pequenos terán ocasión de elaborar chulas de calacú, unha sobremesa tradicional do Samaín, moi saborosa e fácil de preparar, e outro no que realizarán unha espectacular decoración con pratos e vasos que se converterán nunha vaixela pantasma.
O domingo 30 de outubro desenvolverase unha actividade na que os rapaces cociñarán unhas galletas pantasma, ideais para os enfeites da Noite de Bruxas, e outra na que se deseñarán uns antefaces tan divertidos como aterradores.
O luns 31 de outubro haberá un taller que ofrecerá a posibilidade de elaborar e degustar un biscoito de cabaza e outro de creación de portacandeas para noites de terror con botes de cristal, perfectas para a noite máis terrorífica do ano.
Para a xornada do martes 1 de noviembre, os nenos poderán facer unhas mini pizzas momia terrorificamente deliciosas e confeccionar unhas graciosas e espantosas criaturas máxicas empregando luvas de goma.
Todos os talleres desenvolveranse en horario de 11:30 a 13:30 horas. É moi recomendable portar friameira para poder levar a casa as orixinais e saborosas receitas cociñadas.
Relacionadas:
-
O Ganapán entra de cheo no Nadal esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os doces máis orixinais e saudables agardan aos participantes desta fin de semana no Ganapán
Por Redacción |
-
Os calacús volven para alumar a noite máis terrorífica do ano
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O colexio La Inmaculada de Marín celebra o Samaín
Por Redacción |
-
Outro día de clase terrorífico, pero máis divertido
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Ganapán ponse reposteiro e outonal
Por Redacción |
-
O Ganapán presentará esta fin de semana os sabores do mundo árabe
Por Redacción |
-
Máis tempo libre e máis Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |