Máis tempo libre e máis Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción
A festividade do Día da Hispanidade, o día 12 de outubro, supón máis tempo de descanso e máis Ganapán para os nenos pontevedreses. O programa de lecer infantil impulsado no Mercado de Abastos pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Yoya Blanco, ampliará a súa 'clásica' oferta de obradoiros de fin de semana cunha xornada de diversión que se celebrará o mércores 12 de outubro.
Os rapaces que participen no Ganapán o sábado 8 de outubro poderán elaborar unha receita duns donuts veganos lixeiros e esponxosos, cubertos cun delicioso chocolate, así como deseñar uns coloridos gatiños con tubos de cartón.
O entretemento continuará o domingo 9 de outubro cun obradoiro no que os pequenos poderán cociñar empanadillas de cogomelos e xamón e outro no que farán unhas variñas máxicas inspiradas na natureza, ideais para fadas, magos e meigas.
Aproveitando a festividade da Hispanidade, O Ganapán, destinado a nenos de 4 a 10 anos, terá unha xornada extra na que os asistentes terán ocasión de aprender unha receita xenial para acompañar o almorzo ou a merenda: cookies de avea e limón. Ademais, no eido máis creativo, a rapazada tamén participará nun taller de creación de paxaros arco iris.
Todos aqueles que desexen tomar parte nas actividades deberán inscribirse previamente a través do email oganapan@gmail.com, indicando na mensaxe se padecen algunha alerxia ou intolerancia. Recoméndase portar friameira para levar a casa as receitas cociñadas.
Relacionadas:
-
Os doces máis orixinais e saudables agardan aos participantes desta fin de semana no Ganapán
Por Redacción |
-
Catro días de actividades "de medo" no Ganapán polo Samaín
Por Redacción |
-
O Ganapán ponse reposteiro e outonal
Por Redacción |
-
O Ganapán presentará esta fin de semana os sabores do mundo árabe
Por Redacción |
-
Receitas de pizza de mazá e gorgonzola e spanakopita de espinacas de queixo, no Ganapán
Por Redacción |
-
O Ganapán retoma as actividades infantís no Mercado de Abastos durante as fins de semana
Por Redacción |