Os doces máis orixinais e saudables agardan aos participantes desta fin de semana no Ganapán
Por Redacción
As actividades do programa de lecer infantil O Ganapán, organizadas pola Concellería de Promoción Económica e Turismo no Gastroespazo do Mercado de Abastos, incluirán esta fin de semana uns obradoiros nos que elaborarán os doces máis orixinais e saudables.
Os rapaces participantes poderán elaborar unha boa fornada de galletas integrais de cacao perfectas para almorzar ou merendar (o sábado 12 de novembro) e a versión vegana dunha receita clásica como biscoito de cenoria, un ingrediente que goza de múltiples beneficios para a saúde e que lle dá ao biscoito unha esponxosidade ideal (o domingo 13 de novembro).
Segundo apunta a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "na divertida proposta do Ganapán tamén se contemplan talleres creativos" nos que, nesta ocasión a rapazada terá ocasión de deseñar uns mini papaventos ideais para xogar estes días e tamén o pasarán ben mixturando plastilina con purpurina.
Todos aqueles nenos interesados en participar deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico oganapan@gmail.com, indicando no email as posibles alerxias ou intolerancias. E como sempre aconsellan: que ninguén esqueza a súa friameira para levar a casa as deliciosas receitas cociñadas.
Relacionadas:
-
O Ganapán entra de cheo no Nadal esta fin de semana
Por Redacción |
-
Catro días de actividades "de medo" no Ganapán polo Samaín
Por Redacción |
-
O Ganapán ponse reposteiro e outonal
Por Redacción |
-
O Ganapán presentará esta fin de semana os sabores do mundo árabe
Por Redacción |
-
Máis tempo libre e máis Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |